Queres practicar o teu inglés, pero non tes tempo de ir a unha academia? Necesitas comunicarte en inglés, pero non te sintes cómod@ empregándoo? Neste evento de carácter quincenal reunirémonos para comer no pazo xunto a un /unha profesor@ nativ@ e así practicar o idioma nun ambiente informal e distendido.
Que imos facer?
Practicar esta lingua falando de temas diversos, como nunha conversación máis entre amig@s, co obxectivo de coller soltura e facilidade para expresarnos e interactuar con persoas que falen este idioma. Todo esto mentres comemos, para que sexa máis natural e menos incómodo.