2+2 non sempre son 4Hai empresas cunha alta rentabilidade que terminan pechando por tensións na súa tesorería. Queres aprender a evitalo?

Que imos facer?

Neste obradoiro virtual analizaremos esas tensións de liquidez mediante un breve estudo e análise de previsión de resultados e liquidez dun proxecto empresarial.
Este é un obradoiro teórico-práctico: non olvides que a mellor forma de aproveitalo e traendo as túas contas, pensando na túa estructura de custos, balances, beneficio, produtos, etc.

Quen o imparte?

 
Ana Belén Muñiz VeraAna Belén Muñiz Vera
Ana forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de A Coruña. Dedicada á xestión administrativa e ao asesoramento de empresas e profesionais autónomos, o que compatibiliza tamén coa sua actividade formadora.
Tras traballar por conta allea como xestora administrativa, en 2013 decidiu montar o seu propio despacho co obxectivo de ofrecer un servizo de asesoramento con valor engadido no que se valore a rendibilidade do mesmo, sen que só sexa considerado un mero coste.

A quen está dirixido?

A tod@s aquelas persoas que teñan unha empresa, sexan autónomos ou estén pensando en emprender e non teñan claro cómo analizar custos na súa actividade

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Be the first one to leave a comment