7 claves para pechar ventasEnvías moitas propostas comerciais? De cantas recibes respostas? Estás facendo prospección e non consigues resultados?
Para mellorar a forma de entrar en contacto cos teus potenciais clientes necesitas sentirte segur@ no proceso. O cliente debe sentirse identificad@ coa túa proposta e debe percibir que estás solventando un problema. Por iso terás que mostrarlle de qué forma podes axudarlle a conseguir as súas metas.

Que imos facer?

Neste obradoiro virtual imos descubrir os principais bloqueos á hora de presentar os teus contidos. Descubrirás o contido mínimo que debe engadir a túa proposta para empezar a captar a atención dos teus clientes potenciais. Coñecendo as necesidades das clientas averiguarás de qué forma podes aportar valor para comezar a conseguir resultados.
Trataremos de que atopes a importancia do qué e para quén da túa mensaxe sen olvidar que o máis importante é que o teu cliente descubra por qué paga a pena traballar contigo. Por suposto, tamén falaremos de ferramentas coas que poderás sorprender aos teus clientes.

Quen o imparte?

 
Ana Belén Muñiz Vera
Jesús Pérez Santiago

Jesús leva 10 anos relacionado co mundo das ventas e a comunicación online. Ten coordinado un equipo de 15 persoas en ING Bank que se encargaba de realizar ventas cruzadas a través de chat online. Colaborou na creación de argumentarios de venta para o chat de entidades financieiras. 

A súa eterna curiosidade permitiulle especializarse no mundo do contido e colaborar con multitude de emprendedores e profesionais axudándolles a estruturar a súa información e mellorar as súas presentacións. Jesús é un apaixoado das ferramentas tecnolóxicas e iso permítelle axudar aos seus clientes na parte de deseño e na elaboración de contido.

A quen está dirixido?

A profesionais, formadores e pemes que queren vender máis a través das súas propostas. Tamén está aberto a emprendedoras que teñan o seu proxecto funcionando ou en proceso de ser creado, así como a todas aquelas persoas con interese na creación de contido!

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón de arriba para rexistrarte!

Be the first one to leave a comment