Descubre as claves para comunicar por Instagram e potenciar a marca do teu proxecto emprendedor na rede social máis influente.Que imos facer?Un taller práctico de 20 horas de duración, en formato online. As sesións serán as seguintes:Martes 20 de Abril de 16:00h a 18:00hDías 21,22,23,26,27 e 28 de 16:00 a 19:00hTaller práctico para aprender a crear a estratexia de comunicación e o plan de marketing axeitado ao teu proxecto emprendedor na canle Instagram, preparando as bases para a venda a través desta rede social.Quen o imparte? Silvia Vázquez LorenzoSilvia é licenciada en xornalismo, consultora de Marketing e Comunicación, profesora universitaria de Retail Marketing e cofundadora da axencia creativa Chewaca, logo de ter desenvolvido a súa carreira no mundo da comunicación dentro de campos tan diversos como radio e televisión, gabinetes de prensa e relacións públicas, publicidade ou, ultimamente, o marketing dixital e corporativo durante máis de vinte anos.A quen está dirixido?Ás persoas emprendedoras que formen parte da Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña que teñan conta de Instagram e aínda non teñan unha estratexia clara para desenvolver a súa marca nesta rede ou queiran empezar a comunicar por Instagram e non coñezan tódalas posibilidades que ofrece.No caso de que non se cubra o cupo de 10 persoas pertencentes á Rede de Espazos de Traballo se abrirá a inscripción a perfís emprendedores que o soliciten.Como me inscribo?Soamente tes que facer clic no botón de arriba para rexistrarte!
Que imos facer?
Un taller práctico de 20 horas de duración, en formato online. As sesións serán as seguintes:- Martes 20 de Abril de 16:00h a 18:00h
- Días 21,22,23,26,27 e 28 de 16:00 a 19:00h
Quen o imparte?
![]() |
Silvia Vázquez Lorenzo |
A quen está dirixido?
Ás persoas emprendedoras que formen parte da Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña que teñan conta de Instagram e aínda non teñan unha estratexia clara para desenvolver a súa marca nesta rede ou queiran empezar a comunicar por Instagram e non coñezan tódalas posibilidades que ofrece.No caso de que non se cubra o cupo de 10 persoas pertencentes á Rede de Espazos de Traballo se abrirá a inscripción a perfís emprendedores que o soliciten.