Sales & Branding. Instagram para proxectos emprendedoresDescubre as claves para comunicar por Instagram e potenciar a marca do teu proxecto emprendedor na rede social máis influente.

Que imos facer?

Un taller práctico de 20 horas de duración, en formato online. As sesións serán as seguintes:
  • Martes 20 de Abril de 16:00h a 18:00h
  • Días 21,22,23,26,27 e 28 de 16:00 a 19:00h
Taller práctico para aprender a crear a estratexia de comunicación e o plan de marketing axeitado ao teu proxecto emprendedor na canle Instagram, preparando as bases para a venda a través desta rede social.

Quen o imparte?

 
Ana Belén Muñiz Vera
     Silvia Vázquez Lorenzo
Silvia é licenciada en xornalismo, consultora de Marketing e Comunicación, profesora universitaria de Retail Marketing e cofundadora da axencia creativa Chewaca, logo de ter desenvolvido a súa carreira no mundo da comunicación dentro de campos tan diversos como radio e televisión, gabinetes de prensa e relacións públicas, publicidade ou, ultimamente, o marketing dixital e corporativo durante máis de vinte anos.

A quen está dirixido?

Ás persoas emprendedoras que formen parte da Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña que teñan conta de Instagram e aínda non teñan unha estratexia clara para desenvolver a súa marca nesta rede ou queiran empezar a comunicar por Instagram e non coñezan tódalas posibilidades que ofrece.

No caso de que non se cubra o cupo de 10 persoas pertencentes á Rede de Espazos de Traballo se abrirá a inscripción a perfís emprendedores que o soliciten.

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón de arriba para rexistrarte!