- Home
- Events
- Conversas de Arquitectura: Sergio Sampedro, de EMSAMBLE Arquitectura Modular
Cando falamos de arquitectura modular implícitamente falamos de deseños ríxidos, cubos que se configuran de diferentes maneras apra formar vivendas estándar ou modelos estándar aos que os clientes se teñen que adaptar. Emsamble ofrece un concepto radicalemente diferente xa que o sistema Emsamble permite fabricar calquera tipo de edificio independentemente do seu deseño arquitectónico, dimensións ou material utilizado.
Que imos facer?
Nesta conversa falaremos de emprendemento, arquitectura e industrialización dende o prisma de Emsamble Arquitectura Modular.
Como sempre, o formato busca favorecer a participación d@s asistenes, así que ven preparad@ para preguntar e debater con Sergio Sampedro, de Emsamble!
Quen o imparte?
Enxeñeiro de Camiños pola Universiade da Coruña, e Executive MBA pola Escola de Organización Industrial (EOI).
Sergio desenvolveu a súa carreira profesional dende o ano 2008 no sector da construcción e prefabricación, ocupando diferentes postos nos departamentos de enxeñería, producción e desenvolvemento de negocio. En 2015 centra os seus esforzos na creación de EMSAMBLE S.L., incorporando nesta empresa os conceptos de sostenibilidade, innovación e tecnoloxías intelixentes.
A quen está dirixido?
Emprendedor@s, tecnic@s e profesionais da arquitectura e a construcción, ademáis de a todas aquelas persoas que teñan interese na materia ou no emprendemento.Como me inscribo?
Soamente tes que facer clic no botón para rexistrarte!