#EFWeek2022: Catro aprendizaxes para Freelancers

EUROPEAN FREELANCERS WEEK 2022Cales son as vantaxes de ser Freelance? Pódese conciliar sendo muller e freelance? Cómo me pode axudar a formación online a lograr os meus obxectivos? Cando me interesa reconvertir a miña actividade como freelance a unha empresa? Estas e moitas máis preguntas serán respostadas nesta nova xornada da European Freelancers Week 2022 no Pazo de Arenaza!O vindeiro Xoves 20 de Outubro dende as 09:30 nos xuntaremos no Pazo de Arenaza para falar das cuestións que máis nos afectan ás Freelance da comarca. Non o dubides e achégate, o evento será completamente gratuito  e aberto a calquera persoa que queira participar ;-)PROGRAMA09:45h Abrimos as nosas portasAchégate ao Pazo para coñecer o espazo e ir acomodándote de cara ao evento. As persoas máis madrugadoras terán un café esperando!10:00h Arrancamos!Con puntualidade británica daremos comezo á xornada ás 10:00h. Presentaremos o evento e á xente que o está a facer posible ;-)10:15 Lorena FernándezConsultora externa especializada en dirección de persoas, xestión de RRHH e formación en organizacións en diferentes soft skills e finanzas. 10:45 Pedro Plasencia - Contido, profesión e xestión do tempo dun FreelancerQueres saber cómo se pode traballar cando ademáis dirixes unha comunidade online con decenas de miles de persoas, fas directos en twitch todas as semanas tes unha canle de YouTube con vídeos sobre programación? Pois non te perdas a charla de Pedro Plasencia, Full-Stack web developer e creador de contido online!11:15 Carmen Delia Díaz - Cómo conciliar sendo Freelance!Carmen é unha periodista freelance que, entre outras aventuras, escribe un blogue con máis de 100.000 visitas mensuais e 25000 seguidor@s en Redes Sociais. Queres saber cómo fai para conciliar esta actividade coa súa vida familiar? Seguro que despois desta charla logras atopar a motivación para aproveitar mellor o tempo en familia!11:45 Hora do Café!Coñeces a algunha freelancer á que non lle guste ou necesite unha boa taza de café? En Arenaza non somos a excepción e aproveitamos todas as mañás para tomar un café e compartir un rato coa familia Arenazer!12:30 Ana Belén Muñiz - Autónom@ vs Sociedade LimitadaAna Belén é a nosa Xest-Hora e unha profesional como a copa dun pino. Moitos dos seus clientes plantexan constantemente esta dúbida: Cando debo pasar de ser autónom@ a unha Sociedade Limitada? Cales son as vantaxes e cales os inconvenientes? Seguro que esta charla te axuda a orientar mellor o teu proxecto13:00 Debate participativoPara finalizar Juan Diego Pereiro e o equipo do Pazo de Arenaza facilitarán un debate participativo no que os temas a tratar responderán ás inquedanzas das persoas asistentes. Trae as túas preguntas e deixa a vergoña na casa, contamos coa túa participación!14:00 Petiscos ArenazersPara rematar facilitaremos a posibilidade de comer no Pazo, pagando entre todas as persoas que nos quedemos uns petiscos á forma Arenazer.VÉMONOS NO PAZO!

Pazo de Arenaza
Pazo de Arenaza s/n (Map)


EUROPEAN FREELANCERS WEEK 2022


Cales son as vantaxes de ser Freelance? Pódese conciliar sendo muller e freelance? Cómo me pode axudar a formación online a lograr os meus obxectivos? Cando me interesa reconvertir a miña actividade como freelance a unha empresa? Estas e moitas máis preguntas serán respostadas nesta nova xornada da European Freelancers Week 2022 no Pazo de Arenaza!

O vindeiro Xoves 20 de Outubro dende as 09:30 nos xuntaremos no Pazo de Arenaza para falar das cuestións que máis nos afectan ás Freelance da comarca. Non o dubides e achégate, o evento será completamente gratuito  e aberto a calquera persoa que queira participar ;-)


PROGRAMA


09:45h Abrimos as nosas portas

Achégate ao Pazo para coñecer o espazo e ir acomodándote de cara ao evento. As persoas máis madrugadoras terán un café esperando!

10:00h Arrancamos!

Con puntualidade británica daremos comezo á xornada ás 10:00h. Presentaremos o evento e á xente que o está a facer posible ;-)

Consultora externa especializada en dirección de persoas, xestión de RRHH e formación en organizacións en diferentes soft skills e finanzas. 


10:45 Pedro Plasencia - Contido, profesión e xestión do tempo dun Freelancer

Queres saber cómo se pode traballar cando ademáis dirixes unha comunidade online con decenas de miles de persoas, fas directos en twitch todas as semanas tes unha canle de YouTube con vídeos sobre programación? Pois non te perdas a charla de Pedro Plasencia, Full-Stack web developer e creador de contido online!


11:15 Carmen Delia Díaz - Cómo conciliar sendo Freelance!

Carmen é unha periodista freelance que, entre outras aventuras, escribe un blogue con máis de 100.000 visitas mensuais e 25000 seguidor@s en Redes Sociais. Queres saber cómo fai para conciliar esta actividade coa súa vida familiar? Seguro que despois desta charla logras atopar a motivación para aproveitar mellor o tempo en familia!


11:45 Hora do Café!

Coñeces a algunha freelancer á que non lle guste ou necesite unha boa taza de café? En Arenaza non somos a excepción e aproveitamos todas as mañás para tomar un café e compartir un rato coa familia Arenazer!


12:30 Ana Belén Muñiz - Autónom@ vs Sociedade Limitada

Ana Belén é a nosa Xest-Hora e unha profesional como a copa dun pino. Moitos dos seus clientes plantexan constantemente esta dúbida: Cando debo pasar de ser autónom@ a unha Sociedade Limitada? Cales son as vantaxes e cales os inconvenientes? Seguro que esta charla te axuda a orientar mellor o teu proxecto


13:00 Debate participativo

Para finalizar Juan Diego Pereiro e o equipo do Pazo de Arenaza facilitarán un debate participativo no que os temas a tratar responderán ás inquedanzas das persoas asistentes. Trae as túas preguntas e deixa a vergoña na casa, contamos coa túa participación!

14:00 Petiscos Arenazers

Para rematar facilitaremos a posibilidade de comer no Pazo, pagando entre todas as persoas que nos quedemos uns petiscos á forma Arenazer.



VÉMONOS NO PAZO!

Be the first one to leave a comment!