Conectando PEMES

AJE Coruña e o Pazo de Arenaza organizan unha nova edición de "Conectando Pemes",  un evento onde 25 empresas do tecido empresarial da Coruña poden facer novos contactos e ampliar a súa rede de networking en 2 horas.Esta edición terá lugar no patio do Pazo de Arenaza.O funcionamento será sinxelo, ao comezo da xornada entregáselle a cada participante unha tarxeta coa orde de rotación das mesas que lle corresponde, en cada turno cada empresario ten 2 minutos para presentarse e presentar a súa empresa aos demais compañeiros de mesa.Unha vez rematada a rotación dese grupo, pasa á seguinte e repítese o sistema. Así sucesivamente ata percorrer todas as mesas e establecer contacto con todos os asistentes.A dinámica, no caso de haber 25 participantes, implica 5 mesas/grupos, polo tanto 6 turnos de 10 minutos, de maneira que en cada mesa/grupo de 5 empresarias e empresarios, cada un se presenta durante 2 minutos.Con esta actividade créase a oportunidade de, nun intre, establecer contacto con outros 25 empresarios de diversos sectores, algo que nos levaría días ou meses en outras circunstancias. Outras vantaxes inclúen a posibilidade de ver outros proxectos, novas ideas, o que fai a competencia, atopar provedores, posibles novas alianzas e, sobre todo, facerse visible e contactar con posibles novos clientes.Á finalización das dinámicas, os asistentes poderán seguir tecendo relacións mentres picotean e beben algo.Podes ver unha das últimas edicións de este evento neste link.

Pazo de Arenaza
Iñás, s/n, 15171 Oleiros, A Coruña (Map)

AJE Coruña e o Pazo de Arenaza organizan unha nova edición de "Conectando Pemes",  un evento onde 25 empresas do tecido empresarial da Coruña poden facer novos contactos e ampliar a súa rede de networking en 2 horas.

Esta edición terá lugar no patio do Pazo de Arenaza.

O funcionamento será sinxelo, ao comezo da xornada entregáselle a cada participante unha tarxeta coa orde de rotación das mesas que lle corresponde, en cada turno cada empresario ten 2 minutos para presentarse e presentar a súa empresa aos demais compañeiros de mesa.

Unha vez rematada a rotación dese grupo, pasa á seguinte e repítese o sistema. Así sucesivamente ata percorrer todas as mesas e establecer contacto con todos os asistentes.

A dinámica, no caso de haber 25 participantes, implica 5 mesas/grupos, polo tanto 6 turnos de 10 minutos, de maneira que en cada mesa/grupo de 5 empresarias e empresarios, cada un se presenta durante 2 minutos.

Con esta actividade créase a oportunidade de, nun intre, establecer contacto con outros 25 empresarios de diversos sectores, algo que nos levaría días ou meses en outras circunstancias. Outras vantaxes inclúen a posibilidade de ver outros proxectos, novas ideas, o que fai a competencia, atopar provedores, posibles novas alianzas e, sobre todo, facerse visible e contactar con posibles novos clientes.

Á finalización das dinámicas, os asistentes poderán seguir tecendo relacións mentres picotean e beben algo.

Podes ver unha das últimas edicións de este evento neste link.