Dereitos de propiedade industrial e intelectual: Formas de protección e adquisición da propiedade

O Pazo de Arenaza acollerá o vindeiro martes 10 de outubro unha masterclass organizada en colaboración con Secot sobre os dereitos de propiedade industrial e intelectual. Este taller é de especial interese para quen, pola súa actividade empresarial, precise coñecer con claridade a diferenza entre marcas, dereitos de autor, patentes e deseños industriais, pois a sesión abarcará distintas formas de protección e adquisición de propiedade.Manuel Alcázar, quen impartirá a masterclass, é un avogado do Ilustre Colexio de Avogados de A Coruña e un dos maiores expertos nesta área de España. Traballa como asesor directo en materia de Propiedade Industrial con máis de 800 empresas e entidades públicas.Reserva o día na túa axenda! O próximo 10 de outubro, ás 11.30h, presencialmente no Pazo de Arenaza, ou vía streaming a través do Campus Virtual da Rede Provincial de Espazos. Manterémoste informado!

Pazo de Arenaza
Iñás, s/n, 15171 Oleiros, A Coruña (Map)

O Pazo de Arenaza acollerá o vindeiro martes 10 de outubro unha masterclass organizada en colaboración con Secot sobre os dereitos de propiedade industrial e intelectual. Este taller é de especial interese para quen, pola súa actividade empresarial, precise coñecer con claridade a diferenza entre marcas, dereitos de autor, patentes e deseños industriais, pois a sesión abarcará distintas formas de protección e adquisición de propiedade.

Manuel Alcázar, quen impartirá a masterclass, é un avogado do Ilustre Colexio de Avogados de A Coruña e un dos maiores expertos nesta área de España. Traballa como asesor directo en materia de Propiedade Industrial con máis de 800 empresas e entidades públicas.

Reserva o día na túa axenda! O próximo 10 de outubro, ás 11.30h, presencialmente no Pazo de Arenaza, ou vía streaming a través do Campus Virtual da Rede Provincial de Espazos.

 Manterémoste informado!