European Coworking Day: Co-Create Café

O 22 de maio, no marco do Día Europeo do Coworking, convidámosche a mergullarte no Co-Create Café: unha mañá de descubrimentos, colaboración e café.Esta experiencia presencial está deseñada para todos/as os/as entusiastas do emprendemento que buscan apoio, feedback e unha boa dose de inspiración.Que che espera?Presentacións Inspiradoras: Dende innvoadores proxectos ata ideas revolucionarias, disfrutarás dunha serie de presentacións que desafiarán a túa perspectiva e che encherán de novas enerxías.Sesións de Feedback Constructivo: Necesitas opinións externas sobre o teu proxecto? Aquí encontrarás un espazo seguro para recibir feedback valioso que che axudará a crecer e mellorar. Networking con Café: Non hai mellor maneira de conectar que cunha taza de café na man. Únete a nós para coñecer a outros/as emprendedores/as, intercambiar ideas e crear novas oportunidades de colaboración.Quen é benvido/a?Este evento está aberto a todos/as os/as soñadores/as, innovadores/as e apaixonados/as do emprendemento. Sexas unha persoa emprendedora que queira compartir a súa idea ou proxecto, ou simplemente unha persoa interesada en escoitar e dar feedback, estás máis que benvido/a. A nosa comunidade acollerá con entusiasmo a túa participación.Dado o espazo e tempo dispoñibles, aceptaremos ata 8 proxectos para presentacións. Agarda unha experiencia enriquecedora e inspiradora, onde as túas ideas son valoradas e a colaboración é a chave do éxito.Como participar?É sinxelo unirse á diversión! Rexístrate na nosa páxina web e escolle a túa entrada (xa sexa como presentador/a para compartir o teu proxecto ou como asistente). A participación é gratuíta, así que non o perdas!ProgramaciónO evento desenvolverase segundo o seguinte horario:10:00 - 10:10 Presentación do evento10:10 - 10:30 Quén é quén? Breve presentación dos e das asistentes.10:30 - 11:25 Primeira rolda de presentación de proxectos e feedback11:25 - 11:55 Networking café. Networking informal entre asistentes.11:55 - 12:50 Segunda rolda de presentación de proxectos e feedback12:50 - 13:00 Entrega do premio do público ao mellor proxecto13:00 Peche do eventoAgardámoste para unha mañá chea de ideas, colaboración e novas conexións no Co-Create Café!

Pazo de Arenaza
Pazo de Arenaza s/n (Map)

O 22 de maio, no marco do Día Europeo do Coworking, convidámosche a mergullarte no Co-Create Café: unha mañá de descubrimentos, colaboración e café.

Esta experiencia presencial está deseñada para todos/as os/as entusiastas do emprendemento que buscan apoio, feedback e unha boa dose de inspiración.

Que che espera?

  • Presentacións Inspiradoras: Dende innvoadores proxectos ata ideas revolucionarias, disfrutarás dunha serie de presentacións que desafiarán a túa perspectiva e che encherán de novas enerxías.
  • Sesións de Feedback Constructivo: Necesitas opinións externas sobre o teu proxecto? Aquí encontrarás un espazo seguro para recibir feedback valioso que che axudará a crecer e mellorar. 
  • Networking con Café: Non hai mellor maneira de conectar que cunha taza de café na man. Únete a nós para coñecer a outros/as emprendedores/as, intercambiar ideas e crear novas oportunidades de colaboración.

Quen é benvido/a?

Este evento está aberto a todos/as os/as soñadores/as, innovadores/as e apaixonados/as do emprendemento. Sexas unha persoa emprendedora que queira compartir a súa idea ou proxecto, ou simplemente unha persoa interesada en escoitar e dar feedback, estás máis que benvido/a. A nosa comunidade acollerá con entusiasmo a túa participación.

Dado o espazo e tempo dispoñibles, aceptaremos ata 8 proxectos para presentacións. Agarda unha experiencia enriquecedora e inspiradora, onde as túas ideas son valoradas e a colaboración é a chave do éxito.

Como participar?

É sinxelo unirse á diversión! Rexístrate na nosa páxina web e escolle a túa entrada (xa sexa como presentador/a para compartir o teu proxecto ou como asistente). A participación é gratuíta, así que non o perdas!

Programación

O evento desenvolverase segundo o seguinte horario:

10:00 - 10:10 Presentación do evento

10:10 - 10:30 Quén é quén? Breve presentación dos e das asistentes.

10:30 - 11:25 Primeira rolda de presentación de proxectos e feedback

11:25 - 11:55 Networking café. Networking informal entre asistentes.

11:55 - 12:50 Segunda rolda de presentación de proxectos e feedback

12:50 - 13:00 Entrega do premio do público ao mellor proxecto

13:00 Peche do evento

Agardámoste para unha mañá chea de ideas, colaboración e novas conexións no Co-Create Café!