Asiste á gravación en directo do podcast En Beta Permanente. Que imos facer?Nestes primeiros capítulos contamos con Marta Trigás, arquitecta, e Rocío Bardón, consultora estratéxica, para que nos conten a súa andaina no mundo emprendedor.Ademais, afondaremos no método Lean StartUp, centrándonos no seu primeiro paso, Start (Comezar).Quen participará?Os anfitrións deste podcast son Juan Diego Pereiro Areán, emprendedor en serie e fundador de WekAb, o portal do formador, e do coworking WekCo, e Paula Vázquez, responsable de marketing en WekAb e creadora de contido dixital.Como invitadas contamos con Marta Trigás e Rocío Bardón.Marta TrigásRocío BardónArquitecta e Passivhaus Designer.Estudou arquitectura na Universidade da Coruña e, tras uns anos traballando alí, decidíu que quería construír de forma responsable co medio ambiente. Para conseguilo, foi estudar un master de arquitectura e sustentabilidade á UPC en Barcelona. Despois de 4 anos traballando como arquitecta e project manager dun despacho de arquitectura colaborou con varios arquitectos de España en diferentes proxectos. En 2019 instalouse en A Coruña para traballar no seu propio proxecto, onde ofrece dende aquela un servizo de arquitectura sostible e consultoría para outros profesionáis do sector.Consultora en Licitación Pública.Estudou Deseño Industrial na Universidade da Coruña, pero dende o principio da súa carreira tiña claro que o que quería era traballar con emprendedores e axudalos nas súas andainas.Por iso, conta con máis de 20 anos de experiencia en administración e consultoría especializada en diferentes sectores emprendedores. Actualmente está traballando no seu proxecto Ialicita, onde axuda a emprendedores a conseguir licitacións públicas.Como me inscribo?Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!O aforo é de 5 persoas, así que non deixes escapar a oportunidade de asistir á gravación deste podcast.
Asiste á gravación en directo do podcast En Beta Permanente.
Que imos facer?
Nestes primeiros capítulos contamos con Marta Trigás, arquitecta, e Rocío Bardón, consultora estratéxica, para que nos conten a súa andaina no mundo emprendedor.
Ademais, afondaremos no método Lean StartUp, centrándonos no seu primeiro paso, Start (Comezar).
Quen participará?
Os anfitrións deste podcast son Juan Diego Pereiro Areán, emprendedor en serie e fundador de WekAb, o portal do formador, e do coworking WekCo, e Paula Vázquez, responsable de marketing en WekAb e creadora de contido dixital.
Como invitadas contamos con Marta Trigás e Rocío Bardón.
![]() | ![]() |
Marta Trigás | Rocío Bardón |
Arquitecta e Passivhaus Designer. Estudou arquitectura na Universidade da Coruña e, tras uns anos traballando alí, decidíu que quería construír de forma responsable co medio ambiente. Para conseguilo, foi estudar un master de arquitectura e sustentabilidade á UPC en Barcelona. Despois de 4 anos traballando como arquitecta e project manager dun despacho de arquitectura colaborou con varios arquitectos de España en diferentes proxectos. En 2019 instalouse en A Coruña para traballar no seu propio proxecto, onde ofrece dende aquela un servizo de arquitectura sostible e consultoría para outros profesionáis do sector. | Consultora en Licitación Pública. Estudou Deseño Industrial na Universidade da Coruña, pero dende o principio da súa carreira tiña claro que o que quería era traballar con emprendedores e axudalos nas súas andainas. Por iso, conta con máis de 20 anos de experiencia en administración e consultoría especializada en diferentes sectores emprendedores. Actualmente está traballando no seu proxecto Ialicita, onde axuda a emprendedores a conseguir licitacións públicas. |
Como me inscribo?
Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!
O aforo é de 5 persoas, así que non deixes escapar a oportunidade de asistir á gravación deste podcast.