En Beta Permanente: Emprendendo en benestar con Bea Lema

Asiste á gravación en directo do podcast En Beta Permanente. Que imos facer?Nestes capítulos contamos con Bea Lema, autora, formadora e directora da Escuela Gallega de Bienestar.Ademais, afondaremos no método Lean StartUp, centrándonos no seu paso testea.Quen participará?Os anfitrións deste podcast son Juan Diego Pereiro Areán, emprendedor en serie e fundador de WekAb, o portal do formador, e do coworking WekCo, e Paula Vázquez, responsable de marketing en WekAb e creadora de contido dixital.Como invitadas contamos con Bea Lema.Bea lemaAutora, formadora e directora da Escuela Gallega de Bienestar.Bea Lema é unha profesional galega cunha ampla traxectoria vinculada ao benestar físico, mental e emocional. Funcionaria pública en situación de excedencia por interese particular, iniciou a súa carreira como técnica en actividades físicas e deportivas, traballando como socorrista, monitora de natación e de fitness.Un accidente de tráfico que a deixou temporalmente impedida marcou un punto de inflexión na súa vida profesional. Nese tempo, decidiu reorientar o seu camiño e preparouse para acceder á función pública, onde desenvolveu boa parte da súa carreira. Paralelamente, seguiu formándose en áreas relacionadas co coidado integral da persoa, como a instrución en Mindfulness e a prevención de riscos psicosociais, colaborando en accións formativas e dende o departamento de calidade do SEPE.Durante a pandemia, deu un novo xiro á súa traxectoria, apostando pola creación de programas formativos orientados a mellorar a saúde e o benestar integral. Así nace En Forma MC (mente e corpo), un proxecto desenvolvido en colaboración con concellos, institutos e forzas e corpos de seguridade como a Garda Civil, cun enfoque global que integra corpo e mente para contribuír a unha vida máis equilibrada e saudable.Como me inscribo?Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!O aforo é de 5 persoas, así que non deixes escapar a oportunidade de asistir á gravación deste podcast.

Pazo de Arenaza
Pazo de Arenaza s/n, Iñás-Oleiros (Map)

Asiste á gravación en directo do podcast En Beta Permanente. 

Que imos facer?

Nestes capítulos contamos con Bea Lema, autora, formadora e directora da Escuela Gallega de Bienestar.

Ademais, afondaremos no método Lean StartUp, centrándonos no seu paso testea.

Quen participará?

Os anfitrións deste podcast son Juan Diego Pereiro Areán, emprendedor en serie e fundador de WekAb, o portal do formador, e do coworking WekCo, e Paula Vázquez, responsable de marketing en WekAb e creadora de contido dixital.

Como invitadas contamos con Bea Lema.

Bea lema

Autora, formadora e directora da Escuela Gallega de Bienestar.

Bea Lema é unha profesional galega cunha ampla traxectoria vinculada ao benestar físico, mental e emocional. Funcionaria pública en situación de excedencia por interese particular, iniciou a súa carreira como técnica en actividades físicas e deportivas, traballando como socorrista, monitora de natación e de fitness.

Un accidente de tráfico que a deixou temporalmente impedida marcou un punto de inflexión na súa vida profesional. Nese tempo, decidiu reorientar o seu camiño e preparouse para acceder á función pública, onde desenvolveu boa parte da súa carreira. Paralelamente, seguiu formándose en áreas relacionadas co coidado integral da persoa, como a instrución en Mindfulness e a prevención de riscos psicosociais, colaborando en accións formativas e dende o departamento de calidade do SEPE.

Durante a pandemia, deu un novo xiro á súa traxectoria, apostando pola creación de programas formativos orientados a mellorar a saúde e o benestar integral. Así nace En Forma MC (mente e corpo), un proxecto desenvolvido en colaboración con concellos, institutos e forzas e corpos de seguridade como a Garda Civil, cun enfoque global que integra corpo e mente para contribuír a unha vida máis equilibrada e saudable.

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

O aforo é de 5 persoas, así que non deixes escapar a oportunidade de asistir á gravación deste podcast.