Preparación de Solicitudes para Arenaza -> "SUBTEL e Modelo de negocio"

O día 2 de maio comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión no Espazo de Traballo Pazo de Arenaza. O prazo de solicitude permanecerá aberto de forma permanente, se ben, tras unha primeira resolución de admisión, as sucesivas se realizarán tendo en conta os postos vacantes e a orde de prelación establecida na listaxe de espera. As solicitudes de admisión serán avaliadas conforme a criterios de obxectividade, igualdade e non discriminación e ordenadas de acordo aos criterios de viabilidade, tendo en conta a memoria técnica e o modelo de negocio presentados polas persoas solicitantes, sendo necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos sobre 100 para que o proxecto sexa admitido como apto.  Dende este enlace podes acceder ao texto completo das instrucións que regulan o acceso ao Pazo de Arenaza. Co obxectivo de axudar á correcta preparación das solicitudes por parte das persoas interesadas para a obtención dun dos 25 postos ofertados, dende o Pazo de Arenaza organizamos, en edicións semanais, os seguintes talleres complementarios entre si: SUBTEL + modelo de negocio (4h) Viabilidade económica do proxecto (3h) Que imos facer neste taller? Seguindo unha metodoloxía práctica e de aprender facendo, aprenderás: Os pasos necesarios para realizar correctamente a túa solicitude telemática, a través da páxina web da plataforma de tramitación telemática da Deputación Provincial da Coruña SUBTeL. Realizar a alta na plataforma. Localizar o procedemento de solicitude. Cumprimentar o formulario correspondente. Asinar dixitalmente os documentos a anexar á solicitude (mediante o aplicativo Autofirma que podes instalar dende este enlace) Finalizar o proceso de solicitude. Organizar e definir a túa idea ou proxecto empresarial arredor do Model Business Canvas ou Lenzo de Negocio. Quen o imparte? Juan Diego Pereiro Areán Juan Diego forma parte do equipo de asesoramento e xestión do Espazo de Traballo Pazo de Arenaza. Enxeñeiro de formación, traballou durante anos nos ámbitos da consultoría medioambiental de proxectos e, posteriormente, foi director territorial de formación nunha importante entidade de formación para o emprego. No ano 2012 decidiu deixar o traballo por conta allea para aventurarse no mundo do emprendemento, dando lugar daquela a WeKCo, un dos primeiros espazos de coworking de Galicia, e posteriormente á primeira plataforma de traballo para formadores WeKAb.com.  Actualmente, compatibiliza o seu rol empresarial/emprendedor coa formación de emprendedores e a consultoría nos ámbitos do coworking e o traballo colaborativo. A quen está dirixido? Tendo en conta os perfís que terán acceso ao Pazo de Arenaza, este taller está dirixido a: Persoas emprendedoras, aquelas persoas que, ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito do urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e/ou a investigación. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de preincubación. Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, a contar dende a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados co urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e/ou a investigación. Este tipo de beneficiarios considerarase en fase de incubación. Que debo levar conmigo? Ademais de vir con moita enerxía e cunha idea ou proxecto empresarial minimamente definido, é conveniente traer un ordenador portátil para sacalo maior proveito ao taller e levar, quizais, parte do traballo da solicitude xa feito. Ademais, que recomendamos?: Ter instalado o teu certificado dixital Serve tanto o da FMNT, emitido vía Internet, coma o que contén o teu DNI electrónico, se neste caso coñeces a clave e tes lector para usalo. Se non o tes aínda, podes solicitalo dende este enlace. Ter descargada e instalada a aplicación Autofirma. Inscribirse e vir co resto de membros do equipo naqueles casos nos que o proxecto ou idea teña máis dunha persona detrás do mesmo. Como me inscribo? Só tes que facilitar a información que clic no botón "Rexistrarme"!

Pazo de Arenaza
Pazo De Arenaza - Iñas, Oleiros (Map)

O día 2 de maio comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión no Espazo de Traballo Pazo de Arenaza. O prazo de solicitude permanecerá aberto de forma permanente, se ben, tras unha primeira resolución de admisión, as sucesivas se realizarán tendo en conta os postos vacantes e a orde de prelación establecida na listaxe de espera.

As solicitudes de admisión serán avaliadas conforme a criterios de obxectividade, igualdade e non discriminación e ordenadas de acordo aos criterios de viabilidade, tendo en conta a memoria técnica e o modelo de negocio presentados polas persoas solicitantes, sendo necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos sobre 100 para que o proxecto sexa admitido como apto.  Dende este enlace podes acceder ao texto completo das instrucións que regulan o acceso ao Pazo de Arenaza.

Co obxectivo de axudar á correcta preparación das solicitudes por parte das persoas interesadas para a obtención dun dos 25 postos ofertados, dende o Pazo de Arenaza organizamos, en edicións semanais, os seguintes talleres complementarios entre si:

  1. SUBTEL + modelo de negocio (4h)
  2. Viabilidade económica do proxecto (3h)

Que imos facer neste taller?

Seguindo unha metodoloxía práctica e de aprender facendo, aprenderás:

  1. Os pasos necesarios para realizar correctamente a túa solicitude telemática, a través da páxina web da plataforma de tramitación telemática da Deputación Provincial da Coruña SUBTeL.
    1. Realizar a alta na plataforma.
    2. Localizar o procedemento de solicitude.
    3. Cumprimentar o formulario correspondente.
    4. Asinar dixitalmente os documentos a anexar á solicitude (mediante o aplicativo Autofirma que podes instalar dende este enlace)
    5. Finalizar o proceso de solicitude.
  2. Organizar e definir a túa idea ou proxecto empresarial arredor do Model Business Canvas ou Lenzo de Negocio.

Quen o imparte?

Juan Diego Pereiro AreánJuan Diego Pereiro Areán

Juan Diego forma parte do equipo de asesoramento e xestión do Espazo de Traballo Pazo de Arenaza. Enxeñeiro de formación, traballou durante anos nos ámbitos da consultoría medioambiental de proxectos e, posteriormente, foi director territorial de formación nunha importante entidade de formación para o emprego.

No ano 2012 decidiu deixar o traballo por conta allea para aventurarse no mundo do emprendemento, dando lugar daquela a WeKCo, un dos primeiros espazos de coworking de Galicia, e posteriormente á primeira plataforma de traballo para formadores WeKAb.com

Actualmente, compatibiliza o seu rol empresarial/emprendedor coa formación de emprendedores e a consultoría nos ámbitos do coworking e o traballo colaborativo.

A quen está dirixido?

Tendo en conta os perfís que terán acceso ao Pazo de Arenaza, este taller está dirixido a:

  1. Persoas emprendedoras, aquelas persoas que, ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito do urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e/ou a investigación. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de preincubación.
  2. Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, a contar dende a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados co urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e/ou a investigación. Este tipo de beneficiarios considerarase en fase de incubación.

Que debo levar conmigo?

Ademais de vir con moita enerxía e cunha idea ou proxecto empresarial minimamente definido, é conveniente traer un ordenador portátil para sacalo maior proveito ao taller e levar, quizais, parte do traballo da solicitude xa feito.

Ademais, que recomendamos?:

  • Ter instalado o teu certificado dixital
    • Serve tanto o da FMNT, emitido vía Internet, coma o que contén o teu DNI electrónico, se neste caso coñeces a clave e tes lector para usalo.
    • Se non o tes aínda, podes solicitalo dende este enlace.
  • Ter descargada e instalada a aplicación Autofirma.
  • Inscribirse e vir co resto de membros do equipo naqueles casos nos que o proxecto ou idea teña máis dunha persona detrás do mesmo.

Como me inscribo?

Só tes que facilitar a información que clic no botón "Rexistrarme"!