O día 2 de maio comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión no Espazo de Traballo Pazo de Arenaza. O prazo de solicitude permanecerá aberto de forma permanente, se ben, tras unha primeira resolución de admisión, as sucesivas se realizarán tendo en conta os postos vacantes e a orde de prelación establecida na listaxe de espera. As solicitudes de admisión serán avaliadas conforme a criterios de obxectividade, igualdade e non discriminación e ordenadas de acordo aos criterios de viabilidade, tendo en conta a memoria técnica e o modelo de negocio presentados polas persoas solicitantes, sendo necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos sobre 100 para que o proxecto sexa admitido como apto. Dende este enlace podes acceder ao texto completo das instrucións que regulan o acceso ao Pazo de Arenaza. Co obxectivo de axudar á correcta preparación das solicitudes por parte das persoas interesadas para a obtención dun dos 25 postos ofertados, dende o Pazo de Arenaza organizamos, en edicións semanais, os seguintes talleres complementarios entre si: SUBTEL + modelo de negocio (4h) Viabilidade económica do proxecto (3h) Que imos facer? Seguindo unha metodoloxía práctica e de aprender facendo, aprenderás a realizar un estudo económico-financeiro da túa idea ou proxecto empresarial, a partir do cal obter as variables que demostren a viabilidade do mesmo. Quen o imparte? Ana Belén Muñiz Vera Ana forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de A Coruña. Dedicada á xestión administrativa e ao asesoramento de empresas e profesionais autónomos, o que compatibiliza tamén coa sua actividade formadora. Tras traballar por conta allea como xestora administrativa, en 2013 decidiu montar o seu propio despacho co obxectivo de ofrecer un servizo de asesoramento con valor engadido no que se valore a rendibilidade do mesmo, sen que só sexa considerado un mero coste. A quen está dirixido? Tendo en conta os perfís que terán acceso ao Pazo de Arenaza, este taller está dirixido a: Persoas emprendedoras, aquelas persoas que, ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito do urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e/ou a investigación. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de preincubación. Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, a contar dende a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados co urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e/ou a investigación. Este tipo de beneficiarios considerarase en fase de incubación. Que debo levar conmigo? Ademais de vir con moita enerxía, debes traer a idea ou proxecto empresarial cos produtos ou servizos ofrecidos minimamente definidos en canto a prezos, estimación de vendas e costes previstos. Tamén é conveniente traer un ordenador portátil para sacalo maior proveito posible ao taller e levar parte do traballo xa feito para casa. Como me inscribo? Só tes que facilitar a información que clic no botón "Rexistrarme"!
O día 2 de maio comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión no Espazo de Traballo Pazo de Arenaza. O prazo de solicitude permanecerá aberto de forma permanente, se ben, tras unha primeira resolución de admisión, as sucesivas se realizarán tendo en conta os postos vacantes e a orde de prelación establecida na listaxe de espera.
As solicitudes de admisión serán avaliadas conforme a criterios de obxectividade, igualdade e non discriminación e ordenadas de acordo aos criterios de viabilidade, tendo en conta a memoria técnica e o modelo de negocio presentados polas persoas solicitantes, sendo necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos sobre 100 para que o proxecto sexa admitido como apto. Dende este enlace podes acceder ao texto completo das instrucións que regulan o acceso ao Pazo de Arenaza.
Co obxectivo de axudar á correcta preparación das solicitudes por parte das persoas interesadas para a obtención dun dos 25 postos ofertados, dende o Pazo de Arenaza organizamos, en edicións semanais, os seguintes talleres complementarios entre si:
- SUBTEL + modelo de negocio (4h)
- Viabilidade económica do proxecto (3h)
Que imos facer?
Seguindo unha metodoloxía práctica e de aprender facendo, aprenderás a realizar un estudo económico-financeiro da túa idea ou proxecto empresarial, a partir do cal obter as variables que demostren a viabilidade do mesmo.
Quen o imparte?
Ana forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de A Coruña. Dedicada á xestión administrativa e ao asesoramento de empresas e profesionais autónomos, o que compatibiliza tamén coa sua actividade formadora.
A quen está dirixido?
Tendo en conta os perfís que terán acceso ao Pazo de Arenaza, este taller está dirixido a:
- Persoas emprendedoras, aquelas persoas que, ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito do urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e/ou a investigación. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de preincubación.
- Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, a contar dende a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados co urbanismo, a arquitectura, a tecnoloxía e/ou a investigación. Este tipo de beneficiarios considerarase en fase de incubación.
Que debo levar conmigo?
Ademais de vir con moita enerxía, debes traer a idea ou proxecto empresarial cos produtos ou servizos ofrecidos minimamente definidos en canto a prezos, estimación de vendas e costes previstos.
Tamén é conveniente traer un ordenador portátil para sacalo maior proveito posible ao taller e levar parte do traballo xa feito para casa.
Como me inscribo?
Só tes que facilitar a información que clic no botón "Rexistrarme"!