O pazo de Arenaza xa está habitado! Esta semana chegaron os/as primeiros/as coworkers ao espazo, aproveitando para comezar a instalarse e iniciar as súas actividades. E como imos pasar moito tempo xuntos, que mellor forma de coñecernos que organizando unha rolda de presentacións?
 
O xoves pola mañá reunímonos na galería da sala Albalat e démoslles a (terceira) benvida, aportando unha pequena introdución ao mundo dos coworking, os cales moitos xa coñecían, e ao funcionamento deste espazo.Tamén aproveitamos para presentar ao equiPazo de Arenaza e detallar un pouco as súas funcións, así como da iniciativa e respaldo do Plan de Emprego Local e da Deputación da Coruña, contando entre nós con Marisa Lista en representación da mesma.
 

Dándose a coñecer
Pero o máis importante foi, sen dúbida algunha, a presentación dos/as coworkers! Ademais de ofrecernos unha introdución sobre si,  contáronnos un pouco máis en detalle cales son os proxectos que están levando a cabo, as ideas e metas que teñen fixadas e os motivos polos cales se animaron a emprender e/ou montar as súas empresas (e todo isto baixo a presión dun cronómetro que marcaba unicamente dous minutos por intervención!).

O resultado destas presentacións? Unha gran variedade de proxectos dos eidos da arquitectura, o marketing, o deseño, o branding, a consultoría, a tecnoloxía e a innovación (e só por nomear uns cantos!). Pero, quizais,  o máis interesante foi coñecer as razóns polas cales se decidiron a presentar a súa solicitude para entrar en Arenaza, no cal tod@s coincidiron na súa resposta: permanecer nun espazo de colaboración onde estar en contacto con profesionais de perfís e ideas diversas, nutríndose de novas perspectivas e no cal tamén poder estender a súa rede de contactos, facendo networking e participando activamente na vida diaria do espazo.

En breves irán incorporándose máis persoas, pero mentres convidámoste a coñecer aos que xa fixeron seu este espazo. Podes acceder aos seus perfís picando aquí.
 
Ti tamén queres ser coworker no pazo de Arenaza? Aínda está dispoñibles as últimas prazas, así que recorda presentar canto antes a túa solicitude de xeito telemático na plataforma SUBTeL!
 
Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto voltaremos con máis novidades!
1 comment
  • Trinidad González Ferreiro
    O pazo de Arenaza acolle @s primeir@s coworkers

    Gracias pola acollida. Desexo que esto sexa o principio da realización dos nosos soños.

Sign in or join to post new comments