O Pazo de Arenaza é un espazo de traballo da Deputación Provincial da Coruña, dispoñible para emprendedor@s e novas empresas. O espazo forma parte do programa Coworking Visa para coworkers doutros espazos e dos propios espazos da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Coruña. Conta con Salas de Xuntanzas, 25 postos fixos, Aula de Formación, MakerSpace e Laboratorio de Realidade Virtual a disposición d@s coworkers.

Se pensas en emprender ou tes unha nova empresa (menos de dous anos dende o inicio da actividade), podes solicitar acceso ó Pazo de Arenaza mediante a correspondente solicitude telemática, a través da páxina web da plataforma de tramitación telemática da Deputación Provincial da Coruña SUBTeL

Atréveste a formar parte da nosa comunidade?

Contacta connosco

De acordo ca normativa vixente de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos facilitados serán tratados pola Deputación coa finalidade de poder atender a súa solicitude. Estes datos serán tratados de maneira confidencial, e só poderán ser cedidos, nos casos contemplados na normativa vixente. Comunicámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos seus datos, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada da Deputación Provincial da Coruña na Avenida do Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou ben a través da sede electrónica. Para calquera outra dúbida pode dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.

Cargando mapa...

Detalles de Contacto

Pazo de Arenaza

Pazo De Arenaza - Iñas, 15171 Oleiros, La Coruña

O equipo do Pazo de Arenaza