Acaba de abrirse o prazo de presentación de solicitudes para o Pazo de Arenaza! 

Por se aínda non o soubeches, dende o 2 de maio xa podes presentar a túa petición para optar a un posto neste espazo. O procedemento faise por vía telemática, a través da plataforma SUBTeL, e se fas clic aquí podes ler todos os requerimentos. Ademais, se estás interesad@ en enviar unha solicitude, dende fai un par de semanas vimos organizando unha serie de talleres para axudar coa presentación destes trámites, incidindo na utilización da plataforma antes nomeada, os modelos de negocio e a viabilidade económica dos proxectos. Estas sesións terán continuidade nas vindeiras semanas polo que, se queres apuntarte, podes consultar cal é a sesión que mellor che ven e anotarte nela. Estaremos encantad@s de poder botarvos unha man e coñecervos!

Primeiras visitas

A quen xa tivemos a oportunidade de coñecer foi á veciñanza do pazo que, curios@s por saber que temos entre mans, se achegaron ata aquí a falar un chisco connosco. E non foron @s únic@s! Algúns emprendedores e novas empresas tamén viñeron visitarnos e descubrir as posibilidades que lles ofrece este espazo de traballo. Ademais, durante a Open Coworking Week que organizamos recentemente, moit@s interesad@s viñeron facernos compaña mentres traballaban nas súas ideas e proxectos. 

Neste primeiro mes de funcionamento acollemos varios eventos que, esperamos, teñan continuidade nun futuro. Un deles foi a LaconNetwork, un importante evento onde profesionais con diversos perfís se reunen e intercambian as súas experiencias e opinións sobre temas relevantes para o seu eido. O calendario de eventos segue aberto, así que non esquezades botarlle un ollo e anotarvos aos que máis vos gusten!

Se queres estar informad@ de todo o que vai pasando no pazo, queda atent@ a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto chegaremos con máis novidades!

 

Entradas relacionadas

0 Comentario(s)