Con motivo do Freelancers Day, a celebración do traballo independente, o espazo de Arenaza, xunto con WeKCo, sumouse á iniciativa posta en marcha polo coworking workINcompany cun evento que se celebrou en varias cidades españolas co obxectivo de dar valor ao traballo freelance e compartir experiencias entre os profesionais presentes.

Trámites administrativos e marca persoal

Esta edición coruñesa comezou coa intervención de Ana Belén Muñiz Vera, de Muñiz Vera Gestión, que coa súa píldora 'Regras do xogo coa Seguridade Social e Facenda' nos informou de como facer determinados trámites que poden xerar numerosas dúbidas á hora de ser presentados.
Logo foi a quenda de Edu Rubianes, de Refrescando Negocios, para falarnos de marca persoal en 'Potencia o teu negocio grazas á túa marca persoal'. Edu comezou a súa sesión expoñendo en que consiste a marca persoal e proporcionando como exemplos os nomes dalgunhas persoas que fixeron do seu nome a súa propia marca, como Michelle Obama, Elon Musk, Alain Afflelou ou Richard Vaughan. Tras isto dou algúns tips para desenvolver a nosa marca persoal, baseándose nun conxunto de elementos comúns para definila e unha serie de accións onde potenciala.
Angélica Vidal, de Talento y Branding, foi a seguinte relatora, complementando a intervención do anterior con 'A túa marca vende', na cal definiu as novas canles onde manifestar a marca persoal, especialmente as redes sociais como Linkedin, na que nos proporcionou os pasos necesarios a seguir para lograr diferenciarnos do resto.
Pero non todo ía ser falar! Despois da presentación de Angélica tivemos unha breve pausa para poder repoñer forzas cun café e levar a cabo o tan ansiado networking, comentando cos propios relatores e asistentes as diversas opinións extraídas das súas intervencións.

Innovación, xeración de contidos e nómadas dixitais

A continuación, volvemos da man de Patricia París, de Eventuali e Fianelas, que nos relatou a súa experiencia como emprendedora xunto coa súa compañeira Cristina para amosarnos a situación á que se enfrontan moitas das persoas que deciden iniciar a súa propia actividade.
Manolo Rodríguez, de Desenredando la Red, fixo a súa intervención coa píldora 'Eu non quería ser xerador de contidos pero obrigáronme'. O seu relato comezou exemplificando como as persoas pasaron de ser consumidoras a converterse en xeradoras de contidos. Por isto, amosounos como podemos crear eses contidos e as ferramentas que podemos empregar para facelos.
O último relato foi o de Haizea de Pedro, copywritter, co directo 'Living la vida freelance' dende a súa casa de París. Haizea falounos dos nómadas dixitais e convidounos a reflexionar sobre que tipo de freelancers somos e cal queremos chegar a ser, explicándonos que todo proceso ten as súas fases e non podemos saltar ningunha etapa para alcanzar as nosas metas.

Estes foron todos os relatos que aconteceron durante a xornada. Tamén houbo tempo para xogar un trivial freelancer e compartir máis temas de interese mentres disfrutamos da comida, pero sen dúbida levámonos a gran experiencia que supuxo reunir a tantas persoas traballadoras independentes e poder comentar esas inquedanzas que supón toda actividade levada en solitario.

Moi pronto máis información sobre o próximo Almorzo no Pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web.

Entradas relacionadas

0 Comentario(s)