Son moitos os motivos polos que unha persoa da un paso adiante e decide emprender. Pode ser porque ten unha idea que quere materializar, porque ten unha experiencia previa sobre algunha área en particular e quere probar por si mesmo/a ou, tamén hai casos, por necesidade.
Da igual o motivo, o caso é que se estás pensando en emprender debes superar os medos iniciais ao fracaso e seguir uns pasos previos para conseguir cumplir cos teus obxectivos.
Ante todo, probablemente escoitaras máis dunha vez que un emprendedor ou emprendedora nace cunhas características determinadas que marcan o seu camiño. Pode que isto sexa certo en algúns casos, pero non podemos xeneralizar. Se ben hai algunhas persoas que nacen cunhas capacidades innatas, os demais tamén poden chegar a desenvolvelas grazas a unha formación constante e á posta en práctica desa formación. Polo tanto, tamén se debe aprender a ser emprendedor/a.

Os primeiros pasos cara o emprendemento

O primeiro que debes coñecer é o teu mercado e a túa competencia. Analiza con calma e en profundidade que é o que se está facendo, as tendencias e o traballo realizado, pois poden darche pistas moi importantes para despois desenvolver o teu propio plan de negocio.
Non deixes de formarte e adquirir novos coñecementos en ningún momento. Estar á última das novidades do teu sector e traballar as habilidades transversais serán un beneficio para ti mesmo/a. É importante que poidas poñer en práctica todo o que vaias aprendendo, sendo especialmente relevantes habilidades como a capacidade de análise, a toma de decisións, a comunicacións ou a intelixencia emocional. Tampouco te esquezas dos idiomas, conformarán un valor engadido que pode abrirche moitas portas.
Algo esencial e que, ás veces, non se valora demasiado é buscar asesoramento e información en profesionais cualificados. Estes, mellor que ninguén, poderán axudarnos a escoller que vías son máis axeitadas nos nosos plans de emprendemento.
Outra parte fundamental, e quizais un pouco complicada, é invertir. Isto non se refire a gastar un montón de diñeiro sen unha lóxica previa, senón a empregalo en cousas que imos necesitar de verdade e nos van ser útiles, como determinadas tecnoloxías (un bo ordenador ou un teléfono móbil).

Algúns erros sobre o emprendemento

Damos por suposto que unha persoa emprendedora debe ter unhas características determinantes para selo, como a capacidade de asumir riscos. Isto non é exactamente así. Probablemente teña que arriscar en algunhas ocasións, pero debe facelo estudando a situación e valorando correctamente o momento de lanzarse.
O emprendemento tampouco ten porque ser un proceso solitario. Este é outro dos mitos que cremos sobre el. Ao contrario, busca (ou debería buscar) moito apoio e consello nos demais, establecer relacións con outros emprendedores e emprendedoras e facer networking. A mellor forma de aprender é pola experiencia.
Outra cuestión que afasta un pouco a idea de emprender é o sacrificio a nivel persoal. Non imos mentir, é certo que se van botar máis horas das estimadas traballando no que temos entre mans, pero se conseguimos ter unha boa organización e planificación dos nosos días e rutinas, poderemos desfrutar dunha vida social óptima. Pode ser complicado, pero non imposible!

Un resumo

Ao final, eres ti mesmo/a o que coñece cal é o mellor momento para emprender. O fundamental é que te rodees de boas persoas, que fagas algo que realmente a xente necesite e que gastes a menor cantidade de diñeiro posible. Moita sorte na túa aventura!

Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto voltaremos con máis novidades!

Entradas relacionadas

0 Comentario(s)