Probablemente, se chegaches ata aquí, o concepto de coworking xa che sexa familiar. Por se aínda tes algunhas dúbidas sobre o seu significado, podes visitar esta entrada no noso blog onde che contamos exactamente o que é e cal é a súa historia.
Hoxe queremos explicarche como funciona o noso espazo de coworking. Sabemos que estás desexando coñecer como se desenvolve unha xornada habitual de traballo no Pazo de Arenaza, polo que gustosamente che ensinamos o seu desenrolo.

O funcionamento dun espazo de coworking

Aínda que o poida parecer, a rutina de traballo nun espazo de coworking é máis sinxela do que pensas. Os nosos e nosas coworkers incorpóranse ao traballo á hora que mellor lles conveña, ben por conciliación, ben por outros traballos. Cada cal ten un posto asignado, coa súa correspondente caixoneira e armario, dende o que traballa. A persoa en cuestión pode traer todo o material que precise: ordenador, pantallas, soportes ou outros materiais de oficina.
Logo, están dispoñibles unha serie de espazos recurso, como as salas de reunións e a aula de formación, que poden empregar en calquera momento que o necesiten. Tamén contamos cunha serie de espazos comúns, como a galería, a cociña ou o xardín, nos cales desconectar ou facer un pequeno descanso.
Basicamente, a forma na que funciona un coworking é simple: o/a coworker chega, traballa dende o seu posto e establece o seu propio horario e ritmo. Fácil, verdade?

Entón, que diferencia un coworking dunha oficina tradicional?

Os compañeiros e compañeiras nun espazo de coworking exercen a súa propia actividade profesional, por iso hai riqueza nos perfís existentes, o que implica a creación de sinerxias sumamente interesantes.
A existencia de tantos perfís tamén favorece o networking, feito apoiado nos numerosos eventos que celebramos aquí, a colaboración e a axuda entre profesionais; se tes unha dúbida, seguro que máis dunha persoa está disposta a botarche unha man!
Outra gran diferenza cunha oficina tradicional é a flexibilidade que o espazo ofrece. O Pazo de Arenaza permanece aberto de 8 da mañá a 10 da noite, de luns a venres, e de 8 da mañá a 3 da tarde os sábados. Desta forma, os/as coworkers poden acceder en calquera momento. Eles e elas son os que marcan o seu propio horario!
Ademais, contamos con diferentes áreas comúns para descansar un pouco, tomar un café e compartir un momento. Hai máis liberdade de movemento, se non te concentras, podes cambiar de lugar e buscar inspiración noutra parte!
Por último, pero non menos importante, tamén se realizan eventos para favorecer a creación de relacións e apoiar a adquisición de novos coñecementos útiles para a actividade profesional. Que che parece?

Se che interesa solicitar un posto no Pazo de Arenaza, podes consultar os requisitos de acceso aquí.

Entradas relacionadas

0 Comentario(s)