Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual.
Ola! Son Joaquín Esteban e son técnico de telecomunicacións e mecatrónica. Dediqueime ao mundo das instalacións e servizo técnico e, actualmente, o noso proxecto é sobre instalacións eléctricas e domótica.

Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? Cal cres que é o seu futuro?

O noso proxecto xurdiu vendo as necesidades futuras, tanto no campo automobilístico como nas domotizacións das vivendas; empezamos e desenvolver a idea ata facela madurar. O futuro que auguro creo que será bo, ao mellor estámonos anticipando demasiado, pero todo sexa cuestión de esperar a que chegue e estar preparados para calquera cousa.

Por que decidiches acceder a un coworking en vez de a unha oficina tradicional?

Vimos que a oficina tradicional non se axustaba ao que nós buscábamos, entón comezamos a mirar coworkings e, como somos da zona (vivimos ambos en Oleiros), xa coñecíamos este sitio e decidimos vir un día a visitalo. Convencémonos caso ao momento.

Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?

As vantaxes que nos trae traballar nun coworking é coñecer os diferentes puntos de vista dos nosos compañeiros, actualizar as nosas ideas a partir do que nos din ou o que nos poden recomendar e, á parte, eu sinto que non é un ambiente de oficina como tradicionalmente o coñecemos, senón que é un ambiente moito máis distendido, moito máis relaxado.

Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

O mellor é o bo ambiente que hai, as boas instalacións que quedaron, como remodelaron este pazo foi impresionante. Tanto Lucía como Miguel son moi servizais, están sempre para calquera cousa e podes contar con eles e, en xeral, o bo ambiente e o bo clima que hai aquí.

Como transcorre unha xornada laboral para ti?

Unha xornada laboral para min transcorre ao acabar a miña xornada laboral no meu traballo por conta allea. Veño aquí dependendo a quenda na que traballo e o primeiro é un sistema no que marcamos certos fitos e certas tarefas nun prazo de tempo.

Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

Para min é imprescindible un papel e un lapis, esas son as dúas primeiras. E, despois, pois pode que o programa de organización do que che falaba anteriormente.

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

O que máis me gusta do traballo que desenvolvo aquí é coñecer as novas tecnoloxías, falar cos provedores e tamén que, a cada paso que damos, cada tarefa que facemos, moitas veces xorden novas ideas.

Xa para rematar, recoméndanos: unha película, unha serie, un libro e unha canción!

Quizais podería dicir que as películas de Star Wars, as tres primeiras, me encantaron; calquera ou case calquera de Tarantino e, aínda que sexan máis antigas, de Humphrey Bogart gustáronme moito Casablanca e El halcón maltés.
Coas series pásame igual que coas películas. A que estou vendo agora, La Casa de Papel, estame gustando moito.
Gústanme os libros que ensinan algo, que son didácticos, e un que lin recentemente e me gustou moito foi Que las matemáticas te acompañen, de Clara Grima, que é unha profesora universitaria e divulgadora de ciencias matemáticas.
A min, musicalmente falando, gústame moito Raphael. Ao mellor unha das mellores canción, aínda que pareza un clixé, é Mi gran noche. A verdade é que me encanta.


Podes atopar a Joaquín en:
Linkedin

Entradas relacionadas

0 Comentario(s)