- Non todas as redes funcionan do mesmo xeito para as empresas do teu eido.
- As redes teñen diferentes usos dependendo dos obxectivos marcados.
- Cada rede ten diferentes posibilidades, cos seus pros e os seus contras.
- O presuposto pode influír no éxito das túas redes.
As estratexias nas Redes Sociais
A construción da túa marca
O proceso de branding é un paso fundamental do teu negocio nas redes, pois será o que lle outorgue uns valores e personalidade únicos, eses intanxibles que son decisivos á hora de escoller opcións.O branding funciona en dúas partes. Por un lado, a imaxe tanxible, conformada polo nome, o logotipo...; e logo, pola outra banda, eses valores intanxibles que se transmiten, o que queres que pensen de ti.
Apelando ás emocións
Algo que non podemos negar é que confiamos máis nas empresas que se humanizan. A que non lle gusta ver fotos do equipo detrás de determinado negocio? Ou escoitar como foi o proceso de creación dunha empresa por parte dos seus protagonistas?Ao humanizar a marca, os clientes poden ver ás persoas que estás tras dela. Isto conséguese contando historias, calquera que poida aportar interese ou valor nos teus clientes e lles permitan identificarse contigo.
Creando valor
Non só tes que dedicar tempo a traballar nos contidos que teñan valor para o teu cliente, tamén tes que invertilo na súa propia figura. Isto é un esforzo que falará ben da túa marca ao ver que te preocupas e coidas deses seguidores/as, o que fará posible construír unha comunidade arredor da marca cuns clientes fieis.As redes sociais son unha boa forma de saber que pensa o teu público de ti, polo que podes comezar a crear unha relación con el con pequenas contribucións relevantes e útiles: consellos, suxestións, información interesante e, incluso, pedindo opinións e valoracións.

Cales son as redes estrela?
Como ben dixemos antes, escoller as redes sociais nas que vas estar presente depende de moitos factores a analizar, pero é ben certo que o big five confórmano Facebook, Instagram, Twitter, Linkedin e Youtube. As tres primeiras serán definidas como redes sociais xenerais e as dúas últimas como temáticas, pois teñen unhas finalidades concretas.Facebook admite unha ou dúas publicacións ao día, pero debes combinar formatos distintos (vídeos, fotos, enlaces...), priorizando a calidade á cantidade: é mellor que publiques menos e ofrezas contido de valor que saturar ao público con nimiedades.
Ademais, debes escoller ben cando publicar. Esta rede funciona mellor pola semana, pero terás que adaptarte aos teus clientes/as, para o cal podes empregar as estatísticas que a propia rede che proporciona ou axudarte dalgunha ferramenta externa.
Os vídeos en directo tamén son unha opción interesante, xa que denotan proximidade cos teus seguidores/as e son perfectos para sesións de preguntas, píldoras formativas, etc.
Esta rede social é, quizais, máis lúdica que as outras nomeadas, o que deberás ter en conta na programación das túas publicacións. O ideal sería actualizar unha vez ao día, entre tres e cinco veces á semana (con stories tamén diarios) e utilizando etiquetas. No caso destas, non te pases coa cantidade e tenta que sexan personalizadas en base ao contido publicado.
Podes empregar a rede para publicar noticias e outras novidades da túa contorna e, aínda que os tuits acompañados de contido audiovisual funcionan moi ben, non te esquezas de publicar algún que só teña texto: poden ser informacións concretas, preguntas, opinións ou algo para xerar debates. En todo caso, a interacción é moi importante en Twitter, esfórzate en responder e recomendar contidos que che sexan interesantes.
Tenta publicar tuits orixinais e que teñan valor para as persoas que che seguen, emprega hashtags e tuitea, polo menos, unha vez ao día.
A interacción nesta rede é fundamental, comenta e comparte publicacións doutros/as colegas. En cambio, non é tan importante publicar constantemente, chegará con 3-4 veces á semana, sempre en horario de mañá e evitando os fins de semana. Ademais, debes ter coidado o teu perfil e actualizado na medida do posible.
Youtube
Se te decidiches a crear contidos audiovisuais, Youtube é a principal plataforma para vídeos. Aínda que sexa algo tedioso iso de gravar e editar, os vídeos funcionan moi ben e deberías publicar, polo menos, unha vez á semana. Poderás enlazalos co resto de redes sociais para xerar máis visitas e empregalos noutros soportes como presentacións, blogs, newsletters...Os vídeos admiten moitos tipos de contidos e poden xerar moita interacción, ademais de rebotar público á túa páxina web.

Boas prácticas nas Redes Sociais
Aquí che deixamos unha serie de recomendacións para aproveitar ao máximo as redes sociais:1. Segue unha planificación (o que che axudará a aforrar tempo e non saturarte) e mantén as redes sociais actualizadas.
2. A calidade antes que a cantidade, prioriza os contidos que sexan valiosos e non publiques "por publicar".
3. Non repitas os mesmos contidos en todas as redes, cada unha ten os seus propios obxectivos e unhas características diferentes.
4. Coida a túa linguaxe, o ton e vixía os erros ortográficos.
5. Inclúe preguntas nas túas publicacións para fomentar a participación entre os teus seguidores e seguidoras.
6. Colabora, se podes e che apetece, con influencers ou outros emprendedores/as que poidan ter máis alcance ca ti.
Esperamos que este artigo che sexa de axuda na túa aventura polo Social Media!
Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!