Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual.
Son Angélica Vidal e son branding coach. Dedícome ao personal branding e teño un proxecto que se chama Talento y Branding, que estiven madurando durante moito tempo e que, por fin agora, conseguín darlle a forma que creo que necesitaba ter, polo menos de momento!

Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? Cal cres que é o seu futuro?

O proxecto xurdiu como adoitan xurdir todos os proxectos ou negocios: por unha necesidade. Fai uns anos tiven un clic e dinme conta de que, moitas veces, os profesionais cando rompemos a nosa carreira necesitamos, xa sexa para emprender ou para volvernos a posicionar, unha axuda e desfacernos de todo o que tiñamos aprendido ata ese momento e que, agora mesmo, non serve. O que serve agora non o fará dentro duns anos, entón é importante manterse actualizado e coa mente aberta.

Por que decidiches acceder a un coworking en vez de a unha oficina tradicional?

Eu prefiro traballar nun coworking porque non son de A Coruña e, cando cheguei aquí, non coñecía a ninguén. Cando me decidín a comezar co meu proxecto, busquei posibilidades para non estar traballando dende a casa e encontreime cun coworking, 

Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?

Para min son moitas as vantaxes de traballar nun coworking. A parte das económicas, que son obvias, non ter que afrontar ti os gastos que supón ter unha oficina física, tes unha contorna na que hai compañeiros/as que entenden perfectamente o que é ser emprendedora, a posibilidade de compartir ideas, de compartir sinerxías, o networking, para min é fundamental. De feito, non me vexo traballando nunha oficina sola, non me gustaría.

Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

O que máis me gusta de traballar en Arenaza, á parte da contorna, do pazo, do edificio en si mesmo, é que son unha persoa que necesito encontrarme a gusto onde estou. Na casa tes o teu espazo, no que traballas se estás moi a gusto, e fóra necesito tamén encontrar ese sitio. Aquí atopeino. Para min, traballar no pazo é ideal, non sei onde vou traballar se non estou aquí.

Como transcorre unha xornada laboral para ti?

Procuro levantarme cedo, porque dedico á miña xornada laboral medio día, por conciliación. Entón, teño que ter o tempo bastante organizado. Chego cedo, leo os meus correos e atendo ás tarefas que teña que facer para ese día; se teño algo específico, intento non deixalo para a última hora da mañá. E si que, polo menos pola fase na que está o meu proxecto, sempre teño que facer tres cousas que me acheguen ao obxectivo final.

Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

Creo que unha delas é, sen dúbida, o estar nun espazo no que estea a gusto, traballando no que me sinta cómoda, unha pausa ás 11 da mañá para repoñer enerxías, para tomarme o meu café, e ter unha planificación do que vou facer, polo menos durante a semana.

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

O que máis me gusta do meu traballo é o cambio que provoco nos meus clientes, saber que traballar comigo vai producir un antes e un despois na súa vida, non só a nivel profesional, senón tamén persoal.

Que cousas che gusta facer no teu tempo libre?

No meu tempo libre encántame gozar da natureza, sobre todo da montaña cando podo, que é algo que boto moito de menos, e gústame disfrutar tamén do meu fillo, por iso lle dou tanta importancia á conciliación, porque me gusta ter o meu tempo para min e para os meus. E, de vez en cando, estar a soas.

Xa para rematar, recoméndanos: unha película, unha serie, un libro e unha canción!
Unha película que me encanta, pola historia que conta e como a conta, é Cinema Paradiso.
Un libro sería Tiempos Líquidos, de Zygmunt Bauman, e hai unha serie que vin fai pouco e que me chamou moito a atención polo panorama que pinta, que é Years and Years.
E unha canción… Human, de Rag’n’Bone Man.


Podes atopar a Angélica en:
Páxina web
Linkedin
Instagram
Twitter

Entradas relacionadas

0 Comentario(s)