Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual.

Chámome Rita, son arquitecta e o meu proxecto pretende unir arquitectura e construción.

Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? Cal cres que é o seu futuro?

Actualmente compaxino dous traballos; o que pretendo profesionalizar é un resultado final para un cliente, un proxecto máis a súa construción. Orixinouse porque a xente vén porque che coñece, faslles as cousas porque che gustan e realmente dis “pódome dedicar a isto” e quérelo profesionalizar. Teño un pequeno grupo, un pequeno equipo que tamén ten os seus traballos, pero podemos chegar a facer algo xuntos: unha construtora pequeniña, un fontaneiro, un electricista, etc.; todo isto chegar a reunilo nun só proxecto.

Por que decidiches acceder a un coworking en vez de a unha oficina tradicional?

Eu traballei en oficina profesional, entón ao final estás soa ou coa xente que podes chegar a contratar e, a verdade, é que isto é o día e a noite. Paréceme dinámico, para min foi un descubrimento.

Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?

Sobre todo, as posibles sinerxías que xorden coa xente que está aquí, as conexións que temos uns con outros, é totalmente enriquecedor. Teño que falar tamén da labor de xestión que se fai, eu estou desexando vir a traballar aquí.

Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

Gústame todo: o sitio, a xente… A verdade é que estou feliz.

Como transcorre unha xornada laboral para ti?

Por circunstancias, eu dependo do meu outro traballo: non teño un horario definido, hai semanas que teño que viaxar… Intento sacar as máximas horas posibles aquí, no proxecto e participar no que podo de todo o que se organiza. Pouco tempo teño, a verdade.

Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

Para min é importante a concentración, concentrarme para sacar o máximo tempo posible, e despois ferramentas que se necesitan, que son obrigatorias, como un ordenador e un papel e un lapis.

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

O que máis me gusta é poder chegar a un resultado final, é dicir, ter aos clientes/as satisfeitos/as. Ao final é unha cadea, intentar ter a clientes satisfeitos e que vaian a máis.

Que cousas che gusta facer no teu tempo libre?

Antes gustábame máis saír que agora. Levo pouco tempo vivindo en Oleiros e conseguín gozar moito da natureza, que eu era urbanita a tope! Teño dous cans para gozar no campo e antes era máis de saír a comer, a cear… Agora estou desfrutando isto.

Xa para rematar, recoméndanos: unha película, unha serie, un libro e unha canción!

A última película que vin, que me gustou moitísimo, é a de Dolor y Gloria, de Almodóvar. Visualmente e a súa técnica son de admirar.
Son totalmente adicta a todas as series. As últimas dúas que vin, que me gustaron (porque vexo bastantes) son Euphoriae The Politician.
Un libro… teño pouco tempo para ler, pero os últimos que lin son de Dolores Redondo, ambientados na Galicia profunda.
Canción… Quedaríame, ao mellor, con Close to me, de The Cure, polo que significa.


Entradas relacionadas

0 Comentario(s)