Na tarde de onte, o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o Deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Rioboo, mantiveron una videoconferencia cos coworkers do Pazo de Arenaza, na que se interesaron polo estado dos seus proxectos e polas consecuencias que a crise do COVID19 tivo nos mesmos. 

Ao longo do encontro virtual, os emprendedores amosaron a súa satisfacción polo feito de que poidan retomar a actividade profesional e empresarial nesta instalación. Neste senso, WeKCo, a empresa encargada do servizo de xestión do espazo, e os servizos de prevención e saúde laboral da Deputación traballaron conxuntamente para definir o protocolo a seguir nas intalacións para asegurar a seguridade dos usuarios de Arenaza respecto do COVID-19.

Tras dous meses de actividade exlusivamente online, o coworking Pazo de Arenaza é a primeira instalación da Deputación Provincial da Coruña que inicia a “nova normalidade” a partir de hoxe. Dadas as condicións particulares dos coworkers, a reincorporación dos mesmos será escalada e as visitas externas estarán moi limitadas e condicionadas ao cumprimento do protocolo desenvolvido. Os eventos presenciais terán que agardar un tempo, pero están programados para os próximos días varios eventos en directo en formato webinar ou masterclass.

 

Entradas relacionadas

0 Comentario(s)