Business Bites - Como potenciar a colaboración dos teus equipos con Trello

Aínda non coñeces Trello? Esta ferramenta de xestión axuda a organizar proxectos e tarefas.
Neste Business Bites, teremos unha píldora formativa sobre esta ferramenta, vendo fluxos de traballo con Trello e algúns principios de produtividade persoal para mellorar a nosa efectividade.

Que imos facer?

Aprender sobre fluxos de traballo de Trello para pór en marcha dende o minuto un. Tamén falaremos sobre hábitos positivos para potenciar a nosa efectividade no día a día.

Quen o imparte?

 José María Villarmea Guerreiro - Mentor e Consultor

Axuda a empresas en fase de expansión e internacionalización a aumentar a produtividade dos seus equipos para manter a raia o estrés, ser más organizados e conseguir mellores resultados.

José María é psicólogo especialista en ansiedade e estrés, consultor, formador e conferenciante en produtividade e xestión persoal e na psicoprodutividade. Creador do método de organización e efectividade persoal Take Action, orientado a resultados áxiles, é tamén autor do ebook "Mejora tu concentración”, de venda en Amazon.  Ademais, é consultor certificado en Visual Thinking pola escola Visual Mapping, con presenza en España e Francia e pioneira na certificación en Visual Thinking en Europa.

Empresario dende os vinte e seis anos, foi CEO e fundador de máis de  dez proxectos de éxito no sector da formación e da educación, entre os que destacan: Mundoclases, 1ª Rede Nacional de Centros Educativos en España; e Educa 3, Rede Nacional de implantación de escolas de inglés en colexios.

Vinte e cinco anos de experiencia formando, inspirando e transformando a máis de seis mil persoas. Profesor durante dous anos da Universidade Internacional de La Rioja, José María participou no 1º e 2º Congreso internacional sobre produtividade persoal como relator.

Podes atopálo en:

Facebook

Instagram

Twitter

Páxina web

A quen está dirixido?

A calquera persoa emprendedora ou novas empresas que estean interesadas en xestionar os seus proxectos con esta ferramenta.

Como o faremos?

Será unha sesión interactiva, con tempo para practicar os contidos que vamos aprendendo.

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Deixa aquí o primeiro comentario