#FreelancersDay 2019 - A Coruña

Algunha vez te plantexaches o que supón traballar pola túa conta? É tan 'guay' como din traballar dende a casa?

Que vantaxes ten ser freelance no mercado laboral de hoxe en día?

Como podemos facer para competir con grandes corporacións e empresas dende a soidade do noso posto de coworking?

Estas e outras preguntas son as que nos formularemos no #FreelancersDay 2019. A iniciativa nace de Jaime Aranda, o inquedo detrás de WorkInCompany, e a día de hoxe ten confirmadas oito sedes distintas. En A Coruña WeKCo e Pazo de Arenaza organizaremos un evento que queremos que sirva como punto de encontro de profesionais que disfrutan e sofren nas súas propias carnes o que supón ser freelance. Apunta o día: o xoves 4 de xullo xuntarémonos centos de persoas en coworkings de toda España para compartir experiencias, conectar entre nós e celebrar o Día do Orgullo Freelance!

Que imos facer?

Mediante píldoras, debates e relatorios tocaremos todo o que nos afecta como Freelancers:

  • Novo paradigma laboral.
  • Primeiros pasos como independente.
  • Trámites legaiss. Financiación e fiscalidade.
  • Transformación dixital.
  • Posicionamento de marca persoal.
  • Xeración de contidos.
  • Comercio electrónico e infoprodutos.
  • Servizos, produtos e vendas.
  • Conciliación, benestar e estilo de vida.
  • Xestión do tempo e produtividade.
  • Traballo en remoto e nómadas dixitais.
  • Formación e desenvolvemento profesional.
  • Innovación e emprendemento.
  • Networking e xestión de clientes.

Como é o formato?

Non cremos nas charlas largas e pesadas, así que todas os relatorios serán píldoras de 20-25 minutos cun descanso posterior que nos permita coñecernos e falar sobre o tema formulado. Tamén nos parece interesante ter un debate participativo e estamos barallando outros formatos que revelaremos proximamente.

Quen o imparte?

Contaremos con xente estupenda que sabe o que significa emprender e ser freelance. Queres saber os seus nomes? Pois accede a coruna.freelancersday.net para ver en detalle de qué vai esta aventura! 

Ana Muñiz

Edu Rubianes

Angélica Vidal


Patricia París

Manolo Rodríguez

Haizea de Pedro



E se quero asistir como participante?

Agotadas as entradas presenciais! 
Completamos o aforo presencial no Pazo, así que non podemos aceptar novos rexistros. De todas formas, habilitaremos un streaming para visualizar en directo todas as píldoras. Para estar informad@ de como acceder a este streaming, rexístrate no botón azul e reserva a Entrada para Streaming!


Organizan

Colabora


Deixa aquí o primeiro comentario