Obradoiro de Realidade Virtual en BIM

Interésache a Realidade Virtual e queres saber cales son os seus usos aplicados á arquitectura? Gustaríache coñecer as tecnoloxías que se empregan e os beneficios atribuidos ós proxectos urbanísticos? Neste obradoiro de introdución veremos como funciona a realidade virtual dentro dun proxecto de edificación.

Que imos facer?

Preparar modelos para clientes en Revit, mediante Realidade Virtual. Veremos as técnicas máis habituais e traballaremos as mellores prácticas para desenvolver un proxecto nas súas diferentes fases. Ademáis, visualizaremos o proxecto directamente nunhas gafas de Realidade Virtual e veremos as opcións habituais no mercado.

A quen está dirixido?

A todas aquelas persoas con formación en arquitectura e urbanismo.

Quen o imparte?

Miguel Picado- BIM Manager, Formador e Redactor en Medios Online. Fundador de varias aventuras empresariais relacionadas coa Arquitectura e o BIM. A última, TeamBIM, é un estudio de arquitectua especializado en modelado, desenvolvemento e xestión dun modelo BIM e soporte técnico para arquitectos. Instructor certificado por Autodeskde Revit Architecture e Fusion360. Redactor en Plataforma Arquitectura e en, a web de arquitectura en español máis lida do mundo e colaborador de varias publicacións técnicas online comoBIMChannel.

Miguel conta con máis de once anos de experiencia no campo do Building Information Modelling. É especialista en Revit Architecture e Dynamo como softwares principais, implementando o seu uso en diferentes estudios e prácticas profesionais. Apasiónanlle as novas tecnoloxías e intenta estar sempre á última. A impresión 3D é unha destas paixóns que compaxina coa Realidade Virtual, o 3D Scanning e a Fabricación Dixital, sempre buscando unha aplicación no mundo da arquitectura.

Como me inscribo?

Só tes que facer clic no botón azul de arriba!

Deixa aquí o primeiro comentario