Business Bites Por que é necesaria unha estratexia de marketing para a túa empresa/proxecto?
Sabes como facer un plan de marketing? Cales son as partes necesarias para desenvolver a túa estratexia?
De todo isto e moito máis falaranos Chío Infante, de Venditos, quen acode ao Pazo de Arenaza nunha nova edición do Business Bites.

Que imos facer?

Aprender sobre os diversos pasos a seguir no desenvolvemento dun plan de marketing para unha empresa/proxecto e coñecer un pouco máis sobre a comunicación no eido profesional.

Quen o imparte?

 Chío Infante - Directora de marketing e Formadora

Chío é consultora de comunicación de marcas e marketing, desenvolvendo a súa actividade na creatividade publicitaria.Compatibiliza este traballo co seu rol de formadora.
Actualmente é a directora creativa e de marketing da axencia Venditos, da cal ademais é cofundadora.
Podes atopála en:

Twitter

A quen está dirixido?

A calquera persoa que o precise ou teña interese en formarse no tema en cuestión.

Como o faremos?

Será unha sesión breve e dinámica na que aprenderemos de forma interactiva.

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Deixa aquí o primeiro comentario