Volta ao Pazo! Chegou setembro e con el a volta  ao cole a Arenaza!
Xa pasaron uns cantos meses dende a xornada de presentación que tivemos no coworking. Despois desta e durantes o verán foron incorporándose novos compañeiros e compañeiras ao espazo, así que... por que non volver a xuntarnos? Desta forma coñeceremos os proxectos que acaban de incorporarse e compartiremos un rato entre coworkers.

Que imos facer?

Esta será unha xuntanza informal na que buscaremos coñecer mellor aos últimos coworkers que se incorporaron en Arenaza, os seus proxectos e as súas persoas. Ademais, comentaremos as novidades máis relevantes para a vida diaria no pazo.

Quen o imparte?

Nesta reunión estará presente o EquiPazo de Arenaza e tamén todos/as os coworkers!

A quen está dirixido?

A reunión está enfocada a coñecernos, co que será unha reunión privada para a xente que formamos o Pazo de Arenaza. 

Que debo levar conmigo?

Moitas ganas de falar, coñecer e compartir! Podes preparar un speech de dous minutos como máximo no que nos contes quen eres e o teu proxecto.
Acabaremos sobre a hora de comer, polo que anímate a traer a túa comida e xantar connosco!

Como me inscribo?

Só tes que facer clic no botón azul de arriba!

Deixa aquí o primeiro comentario