Xornadas de Bioconstrución
Oíches falar da bioconstrución? Nesta charla organizada por Kibutz descubriremos todas as posibilidades que nos ofrece. A terra é un elemento construtivo. É necesario un cambio de paradigma, unha nova conciencia onde predomine unha visión integrada e holística, algo posible e necesario en todos os sectores.

Que imos facer nesta xornada?

Esta xornada consistirá nunha charla sobre o desenvolvemento social, cultural e económico das comunidades rurais en Ghana a través da bioconstrución dun centro de formación profesional para xóvenes en Sang, a capital administrativa do Distrito de Mion na Rexión Norte de Ghana. 

Quen o imparte?

Blanca Fernández Pasarín - Arquitecta e Bioconstrutora
Graduada en Arquitectura pola Universidade Politécnica de Madrid, na actualidade está rematando o máster de Bioconstrución do Instituto Español de Baubiologie, orientado a un enfoque holístico da arquitectura incluíndo bioloxía, ecoloxía e construción.
Sempre buscou algo diferente na Arquitectura e preguntábase se podería empregar os seus coñecementos para axudar dalgunha forma. Grazas á bioconstrución e á participación en proxectos de voluntariado, atopou a súa maneira de unir construción, natureza e ser humano.
Con este obxectivo impulsa e organiza un taller para a construción dun módulo do proxecto "Sang Arts Village", un centro de formación profesional para xóvenes concebido como unha escola informal que xuntará voluntarios internacionais, artesáns locais e aos propios xóvenes da rexión.

Podes atopala en:

A quen está dirixido?

Aínda que calquera persoa pode gozar da realización desta xornada, será de especial interese para todos os interesados/as na bioconstrución ou traballos con materiais naturais, procesos de autorrealización, cooperación e expresión artística. 

Como me inscribo?

Só tes que facilitar a información que clic no botón "Rexistrarme"!

Deixa aquí o primeiro comentario