Tecido con Materias reciclados con La Mujer Araña

Tecer é unha habilidade que nos permite confeccionar as nosas propias prendas de roupa, liberándonos dos circuítos da moda rápida e o seus canons de beleza estereotipados. É unha ferramenta de autosuficiencia téxtil. 

Así mesmo, na era do estrés, é unha actividade que proporciona innumerables beneficios, tanto físicos como emocionais e sociais. Incluso hai quen soubo ver nel unha vía para a expresión artística!

Que imos facer?

Neste taller aprenderemos a elaborar fibras a partir de materiais reciclados como bolsas de plástico, botellas ou roupa vella. Ademáis, servíndonos de distintas técnicas de tecido (trenzado, telar, etc) confeccionaremos todo tipo de obxectos que servirán de inspiración para o aproveitamento dos materiais reciclados.

Quen o imparte?

La Mujer ArañaVerónica Nóvoa - La Mujer Araña
Dende o 2012, Verónica dedícase a formar a novas tecedoras e tecedores. Ademais, imparte clases regulares e obradoiros monográficos, onde transmite os seus coñecementos sobre a confección en punto. La Mujer Araña proporciona iniciativas orientadas ao desenvolvemento social: espazo onde compartir experiencias e tecer comunidade con bolas de fío e charlas. O seu propósito é visibilizar o tecido como verdadeiro oficio artesá e ferramenta de autosuficiencia téxtil, unha actividade que proporciona enormes beneficios a quen a practica.

A quen está dirixido?

A calquera persoa que sinta que pode mellorar o mundo que a rodea con pequenas accións como estas.

Como o faremos?

Este taller está organizado por Kibutz Cooperativa Galega e a actividade ten un prezo establecido:

- 32€ socias/os da Comunidade de Kibutz.
- 45€ non socias/os da Comunidade de Kibutz.

Podes aportar os materiais que consideres.

Como me inscribo?


Rexistrarme!

Para rexistrarte, tes que reservar a túa praza premendo no botón azul ou neste enlace: Inscrición

Deixa aquí o primeiro comentario