Ciclo Comparte os teus Saberes: Unha Muller na Familia

Tes unha filla na familia? Queres que as túas fillas, fillos ou ti mesma poidan crecer cunha visión diferente da femineidade? Eres muller e non terminas de entenderte, ou un home que non termina de entender ás mulleres? Vivimos tempos de cambio e tanto mulleres como homes entendemos que é o momento de romper tabúes, entendernos entre nós de diferentes formas, abrirnos dende a infancia a mitigar diferencias de xénero, etc.

Entender o que significa ser muller parte de entender os ciclos innatos. Os cambios de ánimo, humor e vida que cada mes, semana a semana, sucédense na mente, nas emocións e no corpo dunha muller deben ser acompañados dende a aceptación e a conciencia de toda a familia... para que á vez toda a familia vexa un beneficio neles. 

Que imos facer?

Abordaremos esta problemática nunha actividade familiar, desmontando mitos, rindo, xogando e entendendo o divertido e encantador que significa o feminino, ser muller. É unha actividade para adultos e para pequenas, co que non a podes perder!

Quen o imparte?

La Mujer ArañaAdriana Cortés 
Dende o 2012, Adriana traballa infividual e grupalmente en expandir a conciencia dunha nova femineidade en homes e mulleres. Adriana é comunicadora social, coach e realizou o seu cambio da visión da muller da man de Miranda Gray, autora do libro "Luna Roja", para redescubrir o poder do ciclo menstrual. É Moon Mother avanzada, mentora da Bendición do Útero e representante por Galicia ante a comunidade internacional de Wombblessing. Realiza talleres con frecuencia para o entendemento da propia muller nas diferentes áreas, círculos de mulleres e mixtos, e acompaña no individual os procesos de quen o solicite. Tamén se formou con Marianna Doña Loba e en Latinoamérica coas avoas Margarita e Patricia.

A quen está dirixido?

A homes e mulleres adultas ou mozas que teñan interese na nova femineidade

Como o faremos?

Este taller está organizado por Kibutz Cooperativa Galega e a actividade ten un prezo establecido:

- 0€ socias/os da Comunidade de Kibutz.
- 8€ non socias/os da Comunidade de Kibutz.

Como me inscribo?


Rexistrarme!

Para rexistrarte, tes que reservar a túa praza premendo no botón azul ou neste enlace: Inscrición

Deixa aquí o primeiro comentario