She Means Business
#SheMeansBusiness é un programa de formación para mulleres emprendedoras, autónomas e traballadoras de PEMES pensado para axudalas a desenvolver e xestionar valiosas redes de contactos con ferramentas dixitais de Facebook. Polo tanto, o obxectivo é promover que estas mulleres desenvolvan a confianzas e as habilidades que precisan para utilizar as ferramentas da economía dixital e que poidan potenciar así os seus negocios.
O mellor  destes obradoiros é o networking que se crea, tanto entre as asistentes como coa formadora ou formador. Ademais de aprender algo novo, buscamos conectar e aportar experiencias entre as usuarias.

Que imos facer?

Coñecerás a versión profesional das ferramentas de Facebook e Instagram, como dirixirte mellor á túa audiencia e que tipo de creatividades son boas para chamar a atención do teu público obxectivo.

Como o faremos?

Buscamos que o obradoiro sexa unha comunicación bilateral onde as asistentes participan e se sintan libres de preguntar e aportar todo o que queiran. 

Quen o imparte?

Gdoce - Coordinador del Programa She Means Business de Facebook
Gdoce é unha entidade especializada na prestación de servizos orientados ao desenvolvemento do capital humano nas organizacións, tanto para o sector público como privado, ofrecendo solucións innovadoras e de calidade e apostando por un uso intensivo das novas tecnoloxías como eixe principal da súa política de xestión e prestación de servizo.
Dende o 2018 colaboran con Facebook en diferentes programas para fomentar as competencias dixitais e mellorar o acceso das persoas ao mundo laboral.

A quen está dirixido?

A mulleres traballadoras e/ou autónomas cun perfil emprendedor. 

Que debo levar conmigo?

Debido ao contido práctico e interactivo, é recomendable (non obrigatorio) que traias un portátil, tablet e/ou móbil.

Como me inscribo?


Rexistrarme!

Para rexistrarte, tes que reservar a túa praza premendo no botón azul ou neste enlace: Inscrición

Deixa aquí o primeiro comentario