Almorzo de Traballo: Asesoramento e brainstorming para a transformación dixital da túa empresa

Dixitalizar os procesos e implementar novas tecnoloxías é fundamental para que as empresas sexan competentes na actualidade. Moitas xa iniciaron o cambio, pero outras tantas aínda non teñen moi claro en que consiste a transformación dixital e as vantaxes e beneficios que lles pode aportar.

Se ti tamén queres dar o paso e comezar co cambio, pero non tes moi claro como, deixa que te axudemos!

Que imos facer?

Neste Almorzo de Traballo organizado polo ICOIIG comezaremos o día dun xeito diferente e produtivo! Veremos os casos que nos atopamos e ofreceremos asesoramento e brainstorming para que poidas iniciar a transformación dixital da túa empresa.

Quen o imparte?

Pablo Pérez Vázquez - Responsable da Oficina de Transformación Dixital do ICOIIG
Enxeñeiro Industrial na rama de Organización, con coñecementos en Xestión Comercial, Project Management e Direción Estratéxica. É Director de Xestión no Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

A quen está dirixido?

A emprendedores e emprendedoras que estean iniciando un proxecto, a empresarios/as e PeMES.

Como me inscribo?



Para rexistrarte, tes que reservar a túa praza premendo no botón azul ou neste enlace: Inscrición

Deixa aquí o primeiro comentario