Fundamentos de Trello+Kanban
O traballo colaborativo trae consigo moitas vantaxes e algúns problemas que debemos solucionar. A través de Trello podemos lograr organizar o traballo dun equipo de forma eficiente e directa, eliminando reunións innecesarias e maximizando o tempo dispoñible para traballar.
Por outra banda, a metodoloxía Kanban permite optimizar as tarefas que están en marcha nun proxecto á vez que favorece atopar tarefas enquistadas e puntos débiles na organización.

Que imos facer?

Nesta sesión Miguel Picado mostrará unha forma de traballar con Trello e Kanban, aplicable principalmente a traballo colaborativo pero extrapolable a calquera traballo en xeral. A sesión será interactiva e estará enfocada principalmente a que as integrantes do Proxecto casaPOScovid utilicen a ferramenta para organizarse.

Quen o imparte?

Miguel forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É emprendedor nato e dirixiu e coordinou varios equipos de traballo en diferentes ámbitos e experiencias laborais. BIM Manager, Formador e Consultor BIM no seu estudio, TeamBIM, Miguel adica os seus esforzos a implementar metodoloxías colaborativas nos procesos constructivos, de proxecto arquitectónico, etc.

Apaixoado das novas tecnoloxías, utiliza a Realidade Virtual ou a Impresión 3D como complementos de apoio aos equipos de traballo. Formador con máis de 4000h de formación BIM impartida a Empresas e particulares. Space Manager do Pazo de Arenaza en colaboración con WeKCo e coa Deputación da Coruña.

A quen está dirixido?

De forma presencial exclusivamente ás nosas coworkers, e virtualmente a todas aquelas persoas que teñan interese no tema:
  • Autónomas
  • Empresarias
  • Traballadoras que teñan posibilidade de traballar en remoto
  • Traballadoras en xeral
  • Persoas en búsqueda de emprego

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Deixa aquí o primeiro comentario