Sacando partido a Zoom
Tras a crisis do COVID faise moi necesario aprender a utilizar ferramentas que faciliten o teletraballo. Tes que facer unha videochamada? Queres emitir un directo á vez que grabas a emisión e permites a interacción das asistentes? Buscas ferramentas útiles para a nova normalidade no traballo? Nesta sesión aprenderás todo o necesario para teletraballar sen morrer no intento.

Que imos facer?

Nesta sesión Juan Diego Pereiro mostrará as ferramentas máis útiles á hora de teletraballar, explicando brevemente cada unha delas. A sesión será interactiva e sería recomendable que viñeses co teu portátil para ir traballando sobre a marcha!

Quen o imparte?

 
Juan Diego forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É emprendedor nato en todos os ámbitos da súa vida. Ten unha StartUp, WeKAb, con máis de 13000 formadores rexistrados na plataforma web, e ademáis ten un coworking na Coruña que ten a honra de ser un dos primeiros coworking de Galicia.
Ademáis da súa faceta empresarial é formador, organiza un congreso de Formación todos os anos e Coordina o Pazo de Arenaza para a Deputación da Coruña.

A quen está dirixido?

De forma presencial exclusivamente ás nosas coworkers, e virtualmente a todas aquelas persoas que teñan interese no tema:
  • Autónomas
  • Empresarias
  • Traballadoras que teñan posibilidade de traballar en remoto
  • Traballadoras en xeral
  • Persoas en búsqueda de emprego

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Deixa aquí o primeiro comentario