Xestión do Tempo co Método
O método GTD é un método de xestión de actividades baseado na idea de que unha persoa necesita liberar a súa mente das tarefas pendentes gardándoas nun lugar específico. Con este método logramos organizar tarefas, optimizar os tempos e non saturarnos con montañas de cousas pendentes que non somos capaces de sacar. A que ten boa pinta? Apúntate para saber máis!

Que imos facer?

Nesta sesión Joaquín Autrán falará connosco da súa experiencia aplicando o método GTD na súa vida profesional. Tras definir o funcionamento da metodoloxía e mostrar algún caso práctico, trataremos de establecer unha primeira experiencia coas participantes no taller.

Quen o imparte?

Ingeniero Industrial con PDD por el IESE Business School. Profesional con más de 20 años de experiencia en el sector del transporte y aeroespacial, con larga experiencia en gestión de proyectos internacionales de desarrollo de sistemas intensivos de software para los principales actores de la industria espacial: Agencia Espacial Europea (ESA), THALES Alenia Space, Organización Europea para la Explotación de Satélites Meteorológicos (EUMESAT), Unión Europea, etc.

A quen está dirixido?

De forma presencial exclusivamente ás nosas coworkers, e virtualmente a todas aquelas persoas que teñan interese no tema:
  • Autónomas
  • Empresarias
  • Traballadoras que teñan posibilidade de traballar en remoto
  • Traballadoras en xeral
  • Persoas en búsqueda de emprego

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Deixa aquí o primeiro comentario