Fundamentos de GSuite
Todas temos unha conta de correo electrónico de Google, e seguro que algunha vez utilizamos Google Drive para gardar fotos ou Google Docs para escribir un documento, pero sabes usar todas as ferramentas da GSuite? Estás utilizando o teu correo electrónico profesional adecuadamente? Hoxe aprenderemos unha forma de utilizar as ferramentas de Google que nos permita ganar productividade.

Que imos facer?

Nesta sesión Miguel Picado mostrará unha forma de traballar coas diferentes ferramentas de Google, enfocada a optimizar tempos e fluxos de traballo. A sesión será teórico-práctica, así que é moi recomendable que veñas co teu portátil e con ganas de fedellar na túa conta de Google!

Quen o imparte?

Miguel forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É emprendedor nato e dirixiu e coordinou varios equipos de traballo en diferentes ámbitos e experiencias laborais. BIM Manager, Formador e Consultor BIM no seu estudio, TeamBIM, Miguel adica os seus esforzos a implementar metodoloxías colaborativas nos procesos constructivos, de proxecto arquitectónico, etc.

Apaixoado das novas tecnoloxías, utiliza a Realidade Virtual ou a Impresión 3D como complementos de apoio aos equipos de traballo. Formador con máis de 4000h de formación BIM impartida a Empresas e particulares. Space Manager do Pazo de Arenaza en colaboración con WeKCo e coa Deputación da Coruña.

A quen está dirixido?

De forma presencial exclusivamente ás nosas coworkers, e virtualmente a todas aquelas persoas que teñan interese no tema:
  • Autónomas
  • Empresarias
  • Traballadoras que teñan posibilidade de traballar en remoto
  • Traballadoras en xeral
  • Persoas en búsqueda de emprego

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Deixa aquí o primeiro comentario