Realidade Virtual con Revit

Interésache a Realidade Virtual e queres saber cales son os seus usos aplicados á arquitectura?

Gustaríache coñecer as tecnoloxías que se empregan e os beneficios atribuidos ós proxectos urbanísticos?

Neste obradoiro de introdución veremos como funciona a realidade virtual dentro dun proxecto de edificación.

Que imos facer?

Preparar modelos para clientes en Revit, mediante Realidade Virtual con Enscape e Lumion. 

A quen está dirixido?

A todas aquelas persoas con formación en arquitectura e urbanismo.

Quen o imparte?

Miguel Picado - BIM Manager, Formador e Redactor en Medios Online

Fundador de varias aventuras empresariais relacionadas coa Arquitectura e o BIM. A última, TeamBIM, é un estudio de arquitectua especializado en modelado, desenvolvemento e xestión dun modelo BIM e soporte técnico para arquitectos. Instructor certificado por Autodesk de Revit Architecture e Fusion360. Redactor en Plataforma Arquitectura, a web de arquitectura en español máis lida do mundo e colaborador de varias publicacións técnicas online.

Miguel conta con máis de once anos de experiencia no campo do Building Information Modelling. É especialista en Revit Architecture e Dynamo como softwares principais, implementando o seu uso en diferentes estudios e prácticas profesionais. Apasiónanlle as novas tecnoloxías e intenta estar sempre á última. A impresión 3D é unha destas paixóns que compaxina coa Realidade Virtual, o 3D Scanning e a Fabricación Dixital, sempre buscando unha aplicación no mundo da arquitectura.

Como me inscribo?

Só tes que facer clic no botón de rexistro!