Preguntas Frecuentes

Toda a información acerca do acceso ó Pazo está publicada na Plataforma SUBTeL, que podes atopar no seguinte enlace: 

www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/

Se con iso non o tes claro, nesta páxina atoparás as preguntas máis importantes que describen o proceso de selección e acceso ó Pazo de Arenaza.

Quen pode acceder?

Calquera persoa física ou xurídica que se atope dentro dos seguintes apartados:

  1. Persoas emprendedoras: aquelas persoas que, ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada preferentemente co ámbito do urbanismo, arquitectura, a investigación e/ou a tecnoloxía. Este tipo de usuarios consideraranse en fase de preincubación.
  2. Novas empresas: persoas físicas, que non leven máis de dous anos dadas de alta no RETA, ou xurídicas, cuxa constitución (data de inscrición no rexistro) teña unha antigüidade igual ou inferior a 2 anos, e que, comezada a actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados co urbanismo, arquitectura, a investigación e/ou a tecnoloxía. Este tipo de usuari@s consideraranse en fase de incubación.
  3. Usuari@s puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do Espazo de Traballo para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan.

O acceso aos postos de traballo para un mesmo proxecto empresarial está limitado a un máximo de cinco, incluindo promotor@s, becari@s, emplead@s en prácticas e persoas contratadas. 

Todas as empresas deberán carecer de locais onde exercer a súa actividade.

 

Como solicito o acceso ó Pazo de Arenaza?

As persoas interesadas en facer uso do coworking Pazo de Arenaza deberán presentar a partir do 2 de Maio a correspondente solicitude de xeito telemático a través da web de tramitación da Deputación Provincial da Coruña: www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/. O enlace á convocatoria publicada no BOP é o seguinte: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/04/12/2019_0000002861.pdf

 Unha vez revisada a documentación presentada polas persoas solicitantes procederase á avaliación dos criterios de viabilidade que figuran nas instruccións de acceso, sendo necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos para que o proxecto sexa admitido como apto.

 

Cando saberei se estou dentro?

Tras unha primeira resolución de admisión, as sucesivas realizaranse tendo en conta os postos vacantes e a orde de prelación establecida na listaxe de espera. Poderás atopar esta listaxe na web http://emprego.dacoruna.gal.

@s usuari@s seleccionad@s deberán aceptar a admisión nun prazo de 10 días hábiles dende a súa notificación, presentando o anexo de aceptación que figurará no apartado de documentación adicional da plataforma SUBTeL.

 

E se non entro na listaxe inicial?

Non pasa nada, todas as solicitudes serán valoradas e entrarán a formar parte dunha lista de espera. A listaxe de espera é o medio a través do cal se ordena a prioridade no acceso aos espazos do coworking Pazo de Arenaza. Esta permanecerá publicada e actualizada na páxina web do Plan de Emprego Local: http://emprego.dacoruna.gal/ e nesta web de maneira que calquera persoa interesada poderá consultar a súa situación dentro da mesma. Producida unha vacante, a Comisión chamará ás promotor@s do primeiro proxecto na lista de espera.

 

Canto tempo poderei estar no Pazo de Arenaza?

  1. Persoas emprendedoras: O prazo máximo de duración do servizo de preincubación será de 18 meses.
  2. Novas empresas: O prazo máximo de duración do servizo de incubación en espazos compartidos de negocio será de 36 meses.

Transcorrido o prazo extinguirase todo dereito a usar os servizos, sen necesidade de requirimento e sen dereito indemnizatorio algún ó seu favorA Presidencia da Deputación da Coruña, a proposta motivada da Unidade Xestora, poderá revocar unilateralmente mediante resolución motivada o dereito de admisión.

 

E se teño outra dúbida, que fago?

Para calquera outra dúbida, podes contactar connosco na dirección arenaza@pel.gal ou no teléfono 881022544. Estaremos encantad@s de atenderte!