Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e dende Arenaza queremos axudar a concienciar sobre este tema que nos afecta a todos/as. Este ano o tema é a contaminación do aire, provocada polos combustibles fósiles, as chemineas industriais, a industria química, as queimas de residuos, etc.

Temos información da contaminación existente e das problemáticas climáticas actuais, polo que debemos aumentar a nosa conciencia medioambiental e fomentar a protección do noso medio. Con realizar uns poucos cambios nas nosas rutinas diarias, xa podemos contribuír a mellorar a contorna que nos rodea. E non só podemos axudar dende a casa, tamén na rúa...e no traballo! 

 
Por todo isto, compartimos algunhas das cousas que facemos no Pazo de Arenaza para coidar o noso medio e que ti tamén podes replicar dende o teu posto de traballo!
 
  • Coidamos a auga: pechamos as billas e non deixamos correr a auga mentres lavamos as mans, os dentes ou os utensilios de cociña, por exemplo.
  • Apagamos luces e aparatos que non estamos empregando: cando pasamos moito tempo sen utilizar o ordenador, a pantalla, o microondas... ou cando marchamos para a casa, apagamos todos os aparatos e non os deixamos en suspensión. O mesmo acontece no caso das luces, apagámolas cando saímos dunha habitación e, sempre que podemos, facemos uso da luz natural. Así moito mellor!
  • Reciclamos: colocamos botes de basura diferenciados e indicamos que vai en cada un, polo que é moito máis doado separar os residuos que xeramos.

 

  • Imprimimos en blanco e negro: sempre que nos é posible, tentamos imprimir en blanco e negro e polas dúas caras. Tamén evitamos imprimir empregando soportes electrónicos para a transmisión da información.
  • Reutilizamos: se as follas que imprimimos saen mal, non hai motivo para tiralas, aproveitamolas para tomar notas, por exemplo. 
  • Reducimos o uso de plásticos: sobre todo nas botellas de auga, unha opción que fomentamos é traer a nosa propia botella de cristal/cantimplora e reenchela cando queiramos.

  • Utilizamos o transporte público: ás veces resúltanos imposible, pero cada vez existen máis opcións para que deixemos o coche na casa e empreguemos os transportes colectivos. Outra opción é compartir vehículos ata o traballo ou ir camiñando (se non nos queda moi lonxe).
  • Decoramos con plantas: ademais de quedar vistosas, axudan a eliminar cantidades contaminantes presentes no aire e purifícano.
 
Como podes ver, son accións moi sinxelas e que non custa moito adaptalas ao noso día a día, pero que contribúen a coidar do noso medio ambiente. Esperamos que che sirvan de axuda e que ti tamén te animes a practicalas!
 

 

1 comment
Sign in or join to post new comments