Solicitar Praza

Toda a información acerca do acceso ó Pazo está publicada na Plataforma SUBTeL, que podes atopar no seguinte enlace: 



Se con iso non o tes claro, nesta páxina atoparás as preguntas máis importantes que describen o proceso de selección e acceso ó Pazo de Arenaza.

Quen pode acceder?

Calquera persoa física ou xurídica que se atope dentro dos seguintes apartados:

  1. Persoas emprendedoras: aquelas persoas que, ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada preferentemente co ámbito do urbanismo, arquitectura, a investigación e/ou a tecnoloxía. Este tipo de usuarios consideraranse en fase de preincubación.
  2. Novas empresas: persoas físicas, que non leven máis de dous anos dadas de alta no RETA, ou xurídicas, cuxa constitución (data de inscrición no rexistro) teña unha antigüidade igual ou inferior a 2 anos, e que, comezada a actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados co urbanismo, arquitectura, a investigación e/ou a tecnoloxía. Este tipo de usuari@s consideraranse en fase de incubación.
  3. Usuari@s puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do Espazo de Traballo para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan.

O acceso aos postos de traballo para un mesmo proxecto empresarial está limitado a un máximo de cinco, incluindo promotor@s, becari@s, emplead@s en prácticas e persoas contratadas. 

Todas as empresas deberán carecer de locais onde exercer a súa actividade.

 

Como solicito o acceso ó Pazo de Arenaza?

As persoas interesadas en facer uso do coworking Pazo de Arenaza deberán presentar a partir do 2 de Maio a correspondente solicitude de xeito telemático a través da web de tramitación da Deputación Provincial da Coruña: www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/. Podes atopar a convocatoria publicada no BOP neste enlace.

Unha vez revisada a documentación presentada polas persoas solicitantes procederase á avaliación dos criterios de viabilidade que figuran nas instruccións de acceso, sendo necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos para que o proxecto sexa admitido como apto.

Ademáis, no seguinte enlace poderás acceder a un Modelo de Viabilidade Económico-Financieira, así como aos anexos que deberás presentar coa túa solicitude cos modelos correspondentes.

 

Cando saberei se estou dentro?

Tras unha primeira resolución de admisión, as sucesivas realizaranse tendo en conta os postos vacantes e a orde de prelación establecida na listaxe de espera. Poderás atopar esta listaxe na web http://emprego.dacoruna.gal.

@s usuari@s seleccionad@s deberán aceptar a admisión nun prazo de 10 días hábiles dende a súa notificación, presentando o anexo de aceptación que figurará no apartado de documentación adicional da plataforma SUBTeL.

 

E se non entro na listaxe inicial?

Non pasa nada, todas as solicitudes serán valoradas e entrarán a formar parte dunha lista de espera. A listaxe de espera é o medio a través do cal se ordena a prioridade no acceso aos espazos do coworking Pazo de Arenaza. Esta permanecerá publicada e actualizada na páxina web do Plan de Emprego Local: http://emprego.dacoruna.gal/ e nesta web de maneira que calquera persoa interesada poderá consultar a súa situación dentro da mesma. Producida unha vacante, a Comisión chamará ás promotor@s do primeiro proxecto na lista de espera.

 

Canto tempo poderei estar no Pazo de Arenaza?

  1. Persoas emprendedoras: prazo máximo de duración do servizo de preincubación será de 18 meses.
  2. Novas empresas: prazo máximo de duración do servizo de incubación en espazos compartidos de negocio será de 36 meses.

Transcorrido o prazo extinguirase todo dereito a usar os servizos, sen necesidade de requirimento e sen dereito indemnizatorio algún ó seu favorA Presidencia da Deputación da Coruña, a proposta motivada da Unidade Xestora, poderá revocar unilateralmente mediante resolución motivada o dereito de admisión.

 

E se teño outra dúbida, que fago?

Para calquera outra dúbida, podes contactar connosco na dirección arenaza@pel.gal ou no teléfono 881022544. Estaremos encantad@s de atenderte!