As pilas son un produto habitual en calquera fogar ou espazo de traballo. O seu uso é algo frecuente na vida diaria, pero cando se esgotan, adoitan tirarse xunto coa basura orgánica. Isto é un grave erro, pois teñen un elevado nivel contaminante.
O tempo de biodegradación das pilas supera os  mil anos. Ademais,  conteñen metais e substancias químicas tóxicas: mercurio, cadmio, chumbo, zinc, cromo ou arsénico.

Canto contamina unha pila?

De seguido podes ver unha estimación da capacidade contaminante dunha pila sobre a auga:
  • Pila botón = 6 mil litros de auga
  • Pila alcalina = 167 mil litros de auga
  • Pila zinc = 12 mil litros de auga
  • Pila carbón = 3 mil litros de auga

O efecto contaminante das pilas

Cando desbotamos as pilas na basura orgánica, estas oxídanse pola descomposición dos seus elementos e a materia orgánica ao arredor, o cal dana a carcasa que as recobre e, en consecuencia, libéranse os compoñentes tóxicos. Non reciclalas afecta directamente ao medio ambiente, ademais de que evita poder recuperar os metais que conteñen, un 60% do peso da pila.
As pilas son as causantes do 93% do mercurio na basura doméstica, do 47% do zinc, do 48% do cadmio e do 22% do níquel. Nos vertedoiros, ao perder a carcasa protectora, liberan os seus metais e compoñentes e estes vértense nas augas subterráneas do chan, contaminándoas e meténdose na cadea alimentaria do ser humano.
O proceso de contaminación é longo e pode estenderse ata os 500 anos, pero axentes como a choiva, a calor e a acidez do solo aceleran este proceso.
Os efectos da mala reciclaxe non só son sobre o medio ambiente, tamén afectan ás persoas, incidindo no benestar e na saúde, podendo producir dermatite e dores estomacais.

Razóns para reciclar

Estes son os motivos principais polo que se deben reciclar as pilas:
  • Aforrar os recursos naturais e enerxéticos, evitando a demanda masiva e unha extracción custosa.
  • Recuperar moitos compoñentes e reintroducilos nun novo ciclo produtivo.
  • Minimizar os potenciais impactos sobre o medio ambiente.
Por todo isto que che contamos aquí arriba, decidimos poñer no Pazo de Arenaza un pequeno punto de recollida de pilas, de forma que os/as coworkers do espazo poidan desfacerse dunha maneira responsable destes residuos. Cando chegue o momento será retirado, substituído ou vaciado e transportarase a unha planta de clasificación, tratamento e reciclaxe. Cada tipo de pila ten un proceso de reciclado distinto! Así poñemos o noso gran de area para contribuír ao coidado da nosa contorna. E ti, anímaste a reciclar?


Fontes:
Ecopilas
Consumer
Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments