Apoio a Proxectos Estás atascad@ co teu proxecto e necesitas axuda cos pasos a seguir?
Queres obter feedback de ideas que te plantexas, ou simplemente necesitas ferramentas para asentar o que estás facendo?
Os Martes pola mañán teremos sesións de mentorizaxe para que o teu proxecto avance sobre seguro, clarificando dúbidas e presentando ferramentas e alternativas que te permitan ter un negocio sostible

Que imos facer?

Nestas sesións falaremos do teu proxecto de forma 100% individualizada, atacando os problemas do teu proxecto e analizando nunha sesión one to one todo aquelo que te está a xenerar dúbidas no arranque do teu proxecto.

Quen o imparte?

 
Ana Belén Muñiz VeraJuan Diego Pereiro Areán
Juan Diego forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É emprendedor nato en todos os ámbitos da súa vida. Ten unha StartUp, WeKAb, con máis de 13000 formadores rexistrados na plataforma web, e ademáis ten un coworking na Coruña que ten a honra de ser un dos primeiros coworking de Galicia.
Ademáis da súa faceta empresarial é formador, organiza un congreso de Formación todos os anos e Coordina o Pazo de Arenaza para a Deputación da Coruña.

A quen está dirixido?

A tod@ @s coworkers que teñan algunha dúbida co seu proxecto empresarial ou necesiten un apoio para seguir.

Como me inscribo?

Soamente tes que facer clic no botón azul para rexistrarte!

Seja o primeiro a deixar um comentário