A dixitalización inminente de certas tarefas é algo que non podes evitar, por iso, cando a maioría das túas reunións son online, non queda outra que adaptarse. Por iso, imos dar 5 consellos para mellorar as túas reunións online.

Nunha reunión presencial, a imaxe que presentas está asociada á túa roupa, o teu peiteado, ton de voz, presenza corporal, etc, nunha vídeo-reunión terás que sumar a todos estes factores unha certa calidade técnica. Así que aquí van 5 melloras para que poidas dar a mellor impresión posible:

Conta cunha boa conexión a Internet. 

Ubícate nun lugar que sepas que ten unha conexión rápida e estable, ademais, intenta evitar realizar reunión s con Wifi e enchúfate sempre a un cable de Ethernet. Se a túa conexión non se corta, non haberá interrupcións que convirtan a túa reunión nunha mala experiencia.

Escolle un fondo adecuado.

Moitas veces facemos reunións en calqueira lugar, pero mellora moito a nosa imaxe profesional contar cun fondo adecuado. O máis sinxelo é un fondo liso, sen nada que distraia do importante, o contido; para conseguir un fondo liso o mellor e poñerse diante dunha parede que non teña adornos.

Se escolles un fondo con cousas, todo debe estar ben colocado, coa túa figura na parte central da pantalla. Elixe cores neutras, que non chamen a atención, e obxectos como libros, non uses adornos moi complexos. O foco ten que estar posto en ti.

Mellora a túa iluminación.

Da igual a calidade que poida grabar a cámara que esteas usando, o produto final dependerá da iluminación elixida. Entendemos que non teñas focos ou iluminación profesional, pero si recomendamos usar unha luz branca e, se tes unha xanela perto, tena sempre diante de ti. Así, a luz natural entrará pola xanela e iluminará a túa cara e o teu fondo, dando un aspecto profesional.

Mellora o teu audio.

Cada vez hai máis micrófonos de moi boa calidade a un prezo reducido, por iso, se vas facer moitas vídeo-reunións, o recomendable é invertir nun. Se é unha ocasión puntal, busca uns auriculares de cable que teñan un micrófono, a calidade soe ser medianamente boa e parecida á do micrófono do teu ordenador, pero estará colocado moito máis perto da túa boca, por iso, o son será mellor.

Utiliza ferramentas de colaboración en tempo real.

As novas tecnoloxías ofrecen un mundo cheo de posibilidades, aproveita a función de compartir pantalla, usa documentos compartidos, pizarras dixitais… Fai da interacción algo posible e sinxelo.


Ata aquí estes consellos para mellorar as tuas reunións online.

Se queres ter o teu propio espazo no Pazo, recorda que temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón. Corre que quedan MOI POUCOS!

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments