Camiño consciente cara os teus obxectivos
Neste coworking que traballa para inspirar colaboración e crecemento, atopamos un lugar perfecto para reflexionar sobre como construír rutinas que non só impulsen os nosos obxectivos, senón que tamén respecten os nosos ritmos biolóxicos, corporais e de saúde mental. Analizando os casos de éxito de moitos e moitas emprendedoras que pasaron por aquí, a clave está en alinear as nosas accións co benestar humano e global, apostando pola sustentabilidade e deixando atrás as escusas que nos afastan do noso potencial.
Por qué importan as rutinas conscientes?
As rutinas non son só unha lista de tarefas ou algo que facemos de modo automático sen cuestionalo. Son o reflexo das nosas prioridades, dos nosos valores e da nosa capacidade para escoitarnos a nós mesmos. Nun mundo acelerado como o de hoxe en día, é fácil caer na trampa da produtividade tóxica, onde o "facer máis" se confunde con "facer mellor". Pero, e se o segredo estivese en facer menos pero con maior intención?
Unha rutina consciente é aquela que:
Respeta os teus ritmos biolóxicos: O noso corpo ten ciclos naturais, como o ritmo circadiano, que inflúen no noso rendemento.
Coida a saúde mental: Dálle espazo á pausa, á reflexión e á desconexión.
Aliña os teus obxectivos: Mantén o foco nas metas a curto e medio prazo sen comprometer o benestar.
No Pazo de Arenaza, rodeados de natureza e dunha comunidade vibrante, temos o escenario ideal para construír estas rutinas. Aquí, o equilibrio entre traballo e benestar non é un soño, senón unha realidade alcanzable.
Escoita ó tu corpo
Os nosos corpos son os primeiros en avisarnos cando algo non vai ben. Fatiga, falta de concentración, apatía, despistes ou ansiedade son sinais de que as nosas rutinas non están aliñadas cos nosos ritmos naturais. Como socióloga observo que moitas veces ignoramos estas sinais por presións externas ou por escusas como "non teño tempo" ou "xa o farei mañá". Pero estas escusas só nos afastan dos nosos obxectivos tanto persoais coma profesionais.
Como escoitar o teu corpo?
Observa os teus picos de enerxía: Algunhas persoas son máis produtivas pola mañá, outras pola noite. Identifica cando te sentes máis alerta e reserva ese tempo para tarefas que requiran concentración.
Prioriza o sono: Dormir 7-8 horas non é un luxo, é unha necesidade. Un bo descanso mellora a memoria, a creatividade e a toma de decisións.
Move o corpo: Incorpora pequenas pausas activas no teu día. Un paseo polo entorno natural do Pazo de Arenaza pode ser suficiente para recargar enerxías.
Saúde mental
A saúde mental é tan importante como a física, escoitámolo moito pero facer en consoancia é máis complicado. No día a día, acumulamos estrés que pode bloquear a nosa creatividade e produtividade, vivimos absort. No Pazo de Arenaza, a tranquilidade do entorno e a comunidade de apoio convídannos a practicar a escucha consciente: escoitarnos a nós mesmos e aos demais sen xuízos.
Estratexias para coidar a saúde mental
Medita ou fai pausas intencionais: Dedica 5-10 minutos ao día a respirar profundamente ou a practicar mindfulness. Isto axuda a reducir o estrés e a clarificar os teus obxectivos, a manterte no presente.
Establece límites: Aprende a dicir "non" a tarefas que non se aliñan cos teus obxectivos a curto e medio prazo. Tamén as persoas, eventos e actividades que non resoan con quen eres ou o que pretendes neste mundo.
Conecta coa comunidade: No Pazo, tes a oportunidade de compartir ideas e experiencias con outros profesionais, o que fomenta un sentido de pertenza e reduce a sensación de illamento.
Obxectivos: O fío condutor
Os obxectivos a curto e medio prazo son o mapa que guía as nosas rutinas. Sen eles, as nosas accións poden volverse caóticas. Pero como manter o foco sen caer na autoexixencia desmedida?
Define obxectivos SMART: Específicos, Medibles, Alcanzables, Relevantes e con un Tempo definido. Por exemplo, en lugar de "quero mellorar o meu negocio", propón "aumentar as vendas un 10% en 6 meses con campañas de marketing sostibles".
Divide en pequenos pasos: Cada obxectivo grande debe descompoñerse en tarefas pequenas e alcanzables. No Pazo, podes usar os espazos de coworking para planificar estas tarefas nun ambiente inspirador.
Revisa e axusta: Dedica tempo cada semana a avaliar o teu progreso. Que funcionou? Que se pode mellorar? A flexibilidade é clave para non caer na frustración.
Deixa atrás as escusas
As escusas son o maior obstáculo para construír rutinas efectivas. Frases como "non teño tempo" ou "estou demasiado ocupado" son sinais de que necesitamos reorganizar as nosas prioridades.
Como superalas?
Identifícalas: Escribe as escusas que máis repites e reflexiona sobre o que esconden. Moitas veces, son medo ao fracaso, a búsqueda de perfeción ou falta de claridade.
Comprométete contigo mesmo: Fai un pacto persoal para dedicar 30 minutos ao día a unha tarefa clave. Comeza pequeno, pero sé consistente.
Busca apoio: A comunidade do Pazo é un recurso inestimable. Comparte os teus retos con outros coworkers e déixate inspirar polas súas historias.
Sustentabilidade: Un compromiso global
Como defensoras da sustentabilidade, as nosas rutinas non só deben beneficiarnos a nivel individual, senón tamén ao planeta. No Pazo de Arenaza, a conexión coa natureza e o compromiso co medio ambiente recórdanos a importancia de traballar dun xeito que respecte o planeta no que vivimos.
Rutinas sostibles
Reduce o desperdicio: Usa ferramentas dixitais para minimizar o uso de papel e opta por produtos reutilizables no teu día a día.
Aforra enerxía: Aproveita a luz natural do Pazo para traballar e desconecta dispositivos cando non os uses.
Aposta por proxectos con impacto: Aliña os teus obxectivos profesionais con valores sostibles, como promover produtos ou servizos que coiden o entorno.
Pazo de Arenaza: Teu aliado no camiño
Cando falamos de coworking, podemos explorar todas as posibilidades e oportunidades que nos brinda, como áncora para mellorar os nosos tempos de traballo pero tamén para fomentar e motivar o noso benestar. Aquí, podes construír rutinas que respecten o teu corpo, coiden a túa mente e te acheguen aos teus obxectivos. Rodeado de natureza, con espazos deseñados para a inspiración e unha comunidade que te apoia, tes todo o necesario para deixar atrás as escusas e avanzar con paso firme.
Hoxe é o día para comezar. Escolle un obxectivo a curto prazo, escoita o teu corpo, reserva un momento no teu coworking favorito e constrúe unha rutina que non só te leve ao éxito, senón que tamén te faga sentir ben no camiño. Porque o verdadeiro rendemento non se mide só polo que logras, senón por como te sentes mentres o fas.
Queres dar o primeiro paso? Ven ao Pazo de Arenaza e descubre como un espazo pensado para o benestar pode transformar a túa forma de traballar e vivir.