Emprender non é só terse unha idea: é decidir que vas máis alá, que queres impacto, crecemento e visibilidade. Por iso, queremos compartir contigo unha oportunidade que pode marcar un antes e un despois no teu proxecto: a convocatoria aberta dos Premios EmprendeXXI.
Un empurrón para crecer
Os Premios EmprendeXXI, impulsados por CaixaBank a través de DayOne e coa participación do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en Galicia, teñen como obxectivo recoñecer e acompañar startups cun alto potencial de innovar e de xerar impacto real.
Por que te interesa participar?
Poderás darlle visibilidade ao teu proxecto, conectar con investidores, mentores e outros emprendedores.
Acceso a formación internacional e programas de acompañamento, que poden axudarche a escalar.
Un selo de calidade: participar demostra que apostas polo crecemento e a innovación.
E, claro, a túa idea ou empresa poderá posicionarse moito mellor no ecosistema emprendedor galego e estatal.
Como entrar?
A convocatoria está aberta e podes presentar a túa candidatura en liña vía o portal oficial.
Non perdas o prazo, consulta as bases completas para saber categoría, requisitos e premios aquí
Dende o Pazo de Arenaza apoiámoste
No Pazo de Arenaza queremos que uses esta oportunidade para facer crecer o teu proxecto e que a comunidade que construímos aquí se vexa reflectida no éxito dos seus membros.
Por iso, animámoste a que:
Revises se o teu proxecto encaixa co perfil dos Premios.
Empregues os teus recursos no Pazo de Arenaza para preparar a candidatura: mentoría, networking, espazo colaborativo...
Te apuntes e non deixes pasar este prazo.
O talento medra cando se comparte. Dende o Pazo de Arenaza queremos ver aos nosos coworkers dar un paso adiante e mostrar o valor das súas ideas.