Todos escoitamos en algunha ocasión que se non chegamos ao Salaria Mínimo Interprofesional, non temos a obrigación de darnos de alta en autónomos.
Ana Muñiz, de Muñiz Vera Xestión, comezou negando parcialmente esta oracións durante o Freelancers Day 2019. Quen ten que darse de alta como autónoma é aquela persoa que realiza por conta propia unha actividade habitual, segundo a normativa. No termo habitual é onde reside a dualidade, algo que para unha persoa é habitual pode que non o sexa para outra. Cando se defenden casos baseados en xurisprudencia hai que ver se a actividade é habitual ou non.

Implicacións coa Seguridade Social

- A alta en autónomos debe facerse de maneira previa ao inicio da actividade e por medios electrónicos, a través da páxina web da sede electrónica da Seguridade Social, premendo na opción de Alta no RETA.
- Na actualidade existe unha tarifa plana de 60€/mes, nos doce primeiros meses, para as persoas autónomas que non estiveran dadas de alta nunca en autónomos, que estiveran de baixa durante dous anos ou tres se desfrutaron de bonificacións na cota cando estaban de alta.
- A cotización é por días, non por mes completo, por iso é importante darse de alta en autónomos antes de iniciar a actividade. Están permitidas ata tres altas no ano, pero hai que ter en conta que pode perderse a tarifa plana.

Implicacións con Facenda

En relación con Facenda, tamén se escoita moito que se non chegamos a tres mil euros, non pasa nada. Isto é mentira, se realizamos unha actividade e facturamos, debemos estar dados de alta en Facenda e declarar os ingresos.
- A alta censual en Facenda ten que facerse antes do inicio da actividade. Para isto, hai que entrar na sede electrónica da Axencia Tributaria, picar en presentar e consultar declaracións e ir ao 'modelo 036-037: Censo de empresarios, profesionales y retenedores'. O modelo 036 é para sociedades e o 037 para persoas físicas autónomas.
Ademais, os epígrafes do IAE (tasas do 'Imposto de Actividades Económicas') son moi importantes pois, dependendo en base a cal fagamos a alta, deles dependerán as nosas obrigas fiscais. Existen tres tipos: actividades empresariais, actividades profesionais e actividades artísticas.
- Declaracións fiscais obrigatorias:
  • 100_Declaración da Renda Anual
  • 101_Retencións de traballadores e profesionais
  • 115_Retencións sobre arrendamento ou subarrendamento de inmobles urbanos
  • 130_Pago fraccionado IRPF empresarios e profesionais
  • 303_Imposto sobre valor engadido
  • 347_Declaración informativa de operacións con terceiras persoas
  • 349_Declaración recapitulativa de operacións intracomunitarias

Como facturar

O documento de factura debe incluír:
  • Factura: esta palabra é esencial que apareza.
  • Datos identificativos do emisor da factura.
  • Datos identificativos do destinatario da factura.
  • Número de orde correlativa coa data.
  • Imposto de aplicación: IVA, IRPF.

Libros de Rexistro

Temos que ter unha serie de libros de rexistro, que serán:
  • Libro de Rexistro de IVA.
  • Libreo de Rexistro de Ingresos e Gastos: con data, número de factura, nome, concepto, identificación, base, IVA e/ou retención.
  • Libro de Rexistro de Bens de Inversión.



Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments