O elevator pitch é un discurso breve para presentar un proxecto ou a nós mesmos coa intención de outorgarnos visibilidade e persuadir á persoa receptora da mensaxe. A súa característica principal é a curta duración: de forma habitual, un elevator pitch debería durar entre 45 segundos e 1 minuto, como unha viaxe en ascensor. 

Neste discurso de ascensor debemos condensar moi ben o mellor do noso proxecto, funcionando como un teaser de todo o que podemos ofrecer para así manter o interese do noso interlocutor/a e con ganas de saber máis. 

 Características dun Elevator Pitch

Agora que xa sabemos a grandes rasgos que é un elevator pitch, toca analizar as súas características.

As características dun elevator pitch son:

  • Brevidade: un elevator pitch é breve, bastaría con 45 segundos - 1 minuto.

  • Estruturación: a información debe estar organizada cunha lóxica, non relatada de calquera maneira.

  • Concisión e Claridade: debe ser directo, ir realmente ao importante para aproveitar o pouco tempo do que dispoñemos.

  • Diferenciación: o debe transmitir cal é o noso valor diferenciar, contar que nos diferencia do resto e nos fai únicos/as.

  • Emoción: un bo elevator pitch ten que comunicar a nosa paixón polo tema tratado, que se note o entusiasmo ao presentar o proxecto.

  • Interese: ten que espertar a curiosidade da persoa que o escoita, que quede con ganas de saber máis do tema que ensinamos.

Estrutura dun elevator pitch

Como é a estrutura perfecta dun elevator pitch? Como en todo, non hai unha fórmula máxica, mais a seguinte estrutura é a máis recomendada:

  • Quen es coma profesional e a que te dedicas?

  • Que necesidades ou problemas resolve o teu proxecto?

  • Que te diferencia? 

  • Chamada á acción que actúe como gancho.

Consellos para un elevator pitch

Por último, deixamos uns consellos para a creación do elevator pitch perfecto:

  • Storytelling: conta a información a modo de historia, axudará a que o receptor atenda e non se perda

  • Escríbeo e ensaia: ten moi claro cal é o teu elevator pitch e ensaia ata que saia natural.

  • Atención á linguaxe corporal: non só te centres no que dis, pon moita atención na túa expresión corporal.

  • Axústao ao receptor: ten varias versións do texto pensando en diferentes públicos.

Esperamos que te sirva esta explicación sobre como facer un elevator pitch, estamos desexando escoitarte!

Se queres estar ao tanto de todo o que vai pasando no pazo, presta atención a este blog, ás nosas redes sociais e á nosa páxina web. Moi pronto volveremos con máis novidades!

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments